-
Dunha manifestación
O folleto que se tirou pola rúa para animar á manifestación polo tema do mercado (aínda aparece co manchado despois de sere pisado antes de que me fixera con el) e un par de fotos da manifestación. Un cálculo dame algo máis de cen persoas e menos de douscentas, pero outras fontes elevan ata 200…
-
Terras de Miranda
Aparece hoxe a prensa con vellas novas. A axuda pedida para a restauración da Atalaia; o previsto novo embite de Ence en época de crise, esta vez ó que parece en forma de restrego do ‘ímonos a outro sitio’, a pesares da elevación do nivel de Mirasol e da apertura xa a fin de semana…
-
Derrumbe da Atalaia
Hoxe luns, a mediodía, a obra do ascensor da Atalaia sufriu un derrumbe que por sorte non afectou ó persoal. Nas fotos vese a obra, o derrumbe separado da ‘limpeza’ feita do muro para a obra e a parte baixa coa terra afectando por exemplo a un contedor. Parece lóxico pensar que antes de facer…
-
Público/privado
Isa é polo momento, a nivel non partidario, a principal división de decisións cara ó futuro de Galicia, despois de que Feijóo anunciara a súa intención de privatización de servizos e xestión. En particular, na sanidade e os seus hospitais, pero non únicamente. Trataríase algo de así como da aplicación do modelo madrileño, algo que…
-
Os resultados electoriais en Ribadeo: resumo
Cunhas poucas operacións pódese sacar algunha conclusión máis: desglose dos resultados por mesas, campo/vila e partidos, con porcentaxes (sobre os votos a partidos con representación). Algunha cousa curiosa sae.
-
Ribadeo, muller
Hoxe, 8 de marzo, celebrado como o día da muller (traballadora), debemos constatar que Ribadeo ten (ou debera ter) máis de muller que de home: a maioría da poboación de Ribadeo son mulleres, a bote pronto, unhas 500 máis que homes (4.671 homes, 5.183 mulleres no 2008). Quedaría especificar sobre o título e…
-
Unha semana
Ogallá as cousas sempre foran tan rápidas: pouco despois dunha semana despois de que o alcalde lle tirara das orellas a fomento nos medios de comunicación, ten a palabra de amaño dos desperfectos que se poden observar a conta da autovía no concello. calro que polo momento só é a palabra, pero algo é algo,…
-
Migrantes
Onte fun ó acto de presentación da guía para mulleres inmigrantes impulsada polo concello. Concerto e degustación de produtos incluídos. Non puiden concentrarme no tema. Dende o primeiro momento ía o pensamento por exemplo sobre a emigración, a outra cara da moeda, tanto ou máis que sobre a inmigración. O título da guía non podía…
-
Convite e atragantamento
Antes o aviso: aínda que en terra en principio non se esperan para hoxe ventos demasiado fortes, hai aviso de risco extremo na costa do cantábrico comezando ‘na outra beira da ría’. Nesta banda só hai ‘risco importante’, como se pode ver no mapa capturado da web da axencia estatal de metereoloxía. Recibín xa hai…