Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Eu confundo, ti confundes, … conxugación da liña eléctrica a Folgfosa

    Parece que, nun novo caso de obscurantismo administrativo estilo nave no porto, a Consellería de Innovación e Industria anda xogando ó rato e o gato. aquí quedan os planos presentados onte en Santa Cruz sobre a liña de alta tensión, primieros vistos na zona e datados en outubro do ano pasado (mentras que se leva…

  • En galego, en castelán, … en escrito e para todos

    Vía J. Mª Rodríguez chegoume este correo que poño a continuación, correo que anda circulando pola nosa xeografía. Xa teño falado algunha vez no blog sobre o tema, e despois das preguntas de O tesón do pasado pleno, coido que debo poñelo para darlle máis difusión — *Asunto: Escrito de José Luis Sampedro para circular…

  • Guirilandia

    Ribadeo está cambiando, como calquera ser vivo. Está recibindo novos aportes e facendo contribucións. A foto amosa un novo grupo (xa non tan novo, ten un par de anos) de vivendas ocupadas en xeral polo que se chamou cando a manifestación para a defensa da ría e contra a nave de Galigrain ‘residentes temporais’ (noutro…

  • Nota de prensa sobre a subestación eléctrica nova de Ribadeo

    NOVAS DE ULTIMA HORA SOBRE A SUBESTACION ELECTRICA O pasado día 13 de Marzo, o Delegado Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria asinaba a orde de someter a información pública a “solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica Subestación de Ribadeo”. No…

  • Un artigo de Suso Fernández Acevedo na Comarca última: Dándolle á lingua

    Coido que no debate sobor da lingua hai aínda abondas cousas que dicir, pero sobre todo, de aclarar. Este artigo vai nese sentido.

  • Dun lugar e doutro

    Chegou a primavera, como o manifestan os xardíns ribadenses, como este beireando Santa Clara. Esta fin de semana tamén o manifestou a chegada de máis visitantes que moitos dos domingos pasados. A estación non entra oficialmente ata a próxima fin de semana, pero meteorolóxicamente xa está aquí. E con ela, por ista vez, un pleno.…

  • Falando de políticas

    Se non boto mal as contas, hoxe fai dúas semanas xustas das eleccións do 1M. Esta mesma semana pasada, a mediados de semana, deuse a nova de que despois do reconto dos votos dos emigrantes (e familia foránea), Ourense balanceaba un dos seus representantes do PP ao PSOE, quedando 38 – 25, momento no que…

  • RPC: non República Popular China, senón Regulamento de Participación Cidadá

    Pois iso, chamoume a atención en Lugo o folleto que adxunto, editado polo Concello, animando á participación cidadá para definir o propio regulamento de participación no concello. Algo que en Ribadeo lévase pedindo xa varios anos, despois de que o vello regulamento non chegara a aplicarse antes de quedar fóra da normativa actual. Aínda o…

  • Dúas festas por unha

    Só unha curiosidade: a conta das eleccións, o PP xa leva dúas ceas (a da final de campaña e a de celebración). O cartel pertence ó anuncio da segunda. E despois da cea, jarana (demostrado).

  • Os mortos xa chegaron

    Hoxe é a estrea da película ‘Os mortos van á présa’, logo os desprazados polo mundo adiante (polo de pronto, o resto de Galicia e de España), teñen a oportunidade de vela en sala de cine. O luns 16 hai pleno. Nel está previsto que se poñerá o nome de Ernestina Mansilla ó tramo entre…