Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
30 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Invasión Calvo Sotelo

    A moitos pareceralles unha herexía, pero coido que algo de invasión si que ten. A homenaxe a Calvo Sotelo está a tentar monopolizar a vida ribadense ata despois de celebrado. Chegáronme novas (que naturalmente non poderei confirmar ata a fin de semana) de que mesmo A Comarca vai ser un monográfico adicado ó persoeiro. Os…

  • Sen acceso

    Hai xa máis de dous meses que O Tesón dirixiuse ó concello e á opinión pública lembrando o feito de que non hai baixada dende a autovía, en sentido Asturias, en Vilaframil. Hoxe aparece na prensa, e onte foi comunicado mediante nota de prensa do concello, que está previsto que a cousa siga así durante…

  • Entre unha e outra semana

    Comeza unha semana curta, o un de maio é festivo. Pero unha semana que presaxia diversos eventos. Dende a homenaxe a Calvo Sotelo os días 2 e 3 ata a feira do Queixo, Pan e Viño, dende o día 30 e para o que xa hai instalada no parque unha carpa (imos sumando días, dende…

  • Grândola

    25 de abril. Portugal. Festa nacional. Teriamos algo parello á democracia se Portugal non tivera dado o paso? Despois da iniciativa de El ángel de Olavide, cópiolle poñendo a canción a disposición:

  • Crónica de Atacama

    Onte saín cansado físicamente dunha charla, a que Julio Antolín Rey deu sobre a súa participación en Atacama Crossing, unha das carreiras extremas do circuito mundial. As explicacións de Julio máis o vídeo da carreira presentaron a competición nos seus extremos, por moito que tanto un como o outro falaran e presentaran imaxes dun xeito…

  • Licitación do paseo ás Aceñas

    Está en Ribadeo historia. E foi complementado xa por unha nota de prensa do concello.

  • As Grobas cumpriu

    O día de hoxe está cargado de novas, que quedarán para outra entrada, porque o pleno lévao unha: o soterramento onte a última hora dos restos do Castro das Grobas. O motivo é o medo á pillaxe. E está xustificado. 300 pezas, restos de cerámica, tiveron o seu achádego neste mes de catas no castro,…

  • Julio Antolín en Chile

    Despois de deixar o aviso da charla de hoxe, unha foto que me chegou.

  • Ribadeo, pequenos actos

    Luns hai pleno extraordinario para aprobar as concesións póstumas a calvo Sotelo. Pleno xa que logo, de trámite e con pouca chicha despois da aprobación de cartos da Deputación Provincial para a homenaxe. Onte estivo en Ribadeo o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad. Acompañouno o todavía Delegado Provincial en funcións. O motivo, o Congreso…

  • Julio Antolín en directo

    Despois da longa carreira de Atacama, está previsto que Julio Antolín de unha charla o venres 24 ás 20:30 na Casa do Mar de Ribadeo. Será unha ocasión para aprticipar, aínda que sexa ‘de segundas’ nunha carreira extrema como as que fai Julio ó longo do mundo.