-
Un novo número de ‘Ecos de la Parroquia’
Xa apareceu en ‘Publicado en Ribadeo‘ o novo número de ‘Ecos de la parroquia‘.
-
Sobre a liberdade en Ribadeo e na rede
Hai uns días publiquei unha foto, entre outras. Antonte ‘aconsellouseme’ quitala. Revisándoa, non vexo o por que, e máis aínda tendo información complementaria que non publiquei. De calquera xeito, xa que se me ‘aconsellou’, pensei nas consecuencias. E atopeime con outras situacións anteriores, relacionadas con outro tema pero semellantes no fondo ás que xuntar o…
-
Ribadeo activo
O cambio de estación xa foi, pero Semana Santa representa en certo sentido o cambio de estación para as persoas. Así se ve en Ribadeo un conxunto de actividades que hai que reseñar. Xa están en marcha as actividades de primavera do concello, hoxe preséntase a actividade que terá lugar a fin de mes e…
-
Fotos de novidades en Ribadeo
Comezo cunha intranscendente, que da a clasificación ó mediodía dos torneos de fútbol 3 que teñen lugar no Cantón, tal como estaban este mediodía. Non vin publicados os resultados en ningún sitio, por iso aí quedan. A segunda é do cable que onte parou o desenvolvemento da procesión, na rúa Reinante. A súa misión aínda…
-
Da velocidade, o touciño … e o concello
De todos é sabido que o que pasa en Ribadeo ten tendencia a ser achacado ó concello (en particular, se é para mal; se é para ben, é a propaganda oficial a que se encarga de xeito direito). É evidente que moitas veces se esaxera, pois o concello non pode ser omnipresente. Pero, ás veces,…
-
A presencia da SGAE
Onte foi o concerto de Semana Santa da Banda de Música Municipal de Ribadeo. Á beira, o folleto correspondente.Non chegou a medio auditorio Hernán Naval a xente que desfrutou del. Houbo algún cambio respecto do programa: Miniatures for band foi interpretada antes que Concerto grosso, e a Antoline que aparece era na realidade Attonline. A…
-
O concello
O concello estes días é nova. Atácase o soldo do alcalde 2781€ brutos mensuais (14 mensualidades, sen ningún outro complemento), quen reacciona negando unha suba desorbitada da que é acusado, e deixándoa na doceava parte. A cambio, acusa ós acusadores, a CGT, de ser “esa central sindical está instalada na difamación continúa e na mentira”.…
-
Sobre o blog
É posible que ata o día 6 ou 7 non publique ou o faga a salto de mata. Quede constancia da visita a Ribadeo dunha delegación francesa para ultimar detalles sobre a Transgacogne coa nova directiva do Clube náutico, volta náutica que este ano, en agosto, pasará por Ribadeo e será unha atracción sobresaínte naquelas…
-
O Ribadeo natural
Onte coido que foi o día da conservación de Ribadeo. Unha nota de O Tesón dando conta dunha comunicación ó concello efectuada xa a semana pasada comezou o tema: a potenciación das vías ciclistas é un asunto pendente no concello cando se tomaron decisións hai tempo que parecía que ían no sentido de potenciar o…
-
Unha estrada de Ribadeo
Hoxe por hoxe, a estrada máis ribadense é pouco usada polos viciños de Ribadeo: trátase da circunvalación, estrada que ten ano e medio dende a súa inauguración e foi fieta, suponse, ad-hoc para Ribadeo. Antes de ser creada, José Ángel Salvatierra e máis eu escribimos un pequeno artigo para a comarca e o seu…