Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Listas Robinson, unha defensa do consumidor ó alcance de calquera

    Que que é? Esteñas onde esteñas, mira en https://www.listarobinson.es/default.asp, e úsaa para a túa defensa de ‘ofertas de consumo’. Sinxelamente, gañarás tempo (como mínimo).

  • Preparados para o verán?

    Resposta: non. Polo menos, non totalmente. E non me refiro a que non haxa propaganda de Ribadeo (aquí estarán de novo a fin de semana os do tren dende Asturias, e ó fin, tamén é un acto de propaganda a presentación do libro sobre Calvo Sotelo luns en Madrid (aquí, o discurso do alcalde),nin a…

  • Sobre a opción nuclear…

    De acordo? En liñas xerais, como cousa provisional, si. Pero moito me temo que a segunda parte da carta non engloba algo fundamental: a reducción de consumo enerxético… “Madrid, 26 de junio de 2009 Sr. D. José Luis Rodríguez Zapatero Presidente del Gobierno Palacio de la Moncloa 28071 MADRID Sr. Presidente: Ante el debate que…

  • Non se trata de facer de cada pobre un rico, senón de facer forte unha comunidade

    Corresponde a unha frase de ‘El legado de una revolución‘, e non trata de Ribadeo, senón da India, da obra de Vicente Ferrer. É curioso que me chame a atención, relacionado con algo de Ribadeo? Non o creo. Coido que a difusión dos feitos que deron lugar ó estado actual da obra de Vicente Ferrer…

  • Diversificación de fonte

    Hai cousa de doce anos comentaba nunha xuntanza onde había xente duns cantos países que a prensa en España mantíñase a un nivel informativo que coidaba abondo mellor que, naquel entón, por exemplo, Inglaterra, pero que había síntomas de que a cousa ía ir a peor. Coido que non errei. Aquí a prensa é máis…

  • Inicio de desbloqueo? Ribadeo pode e debe ter outra entrada dende a autovía

    Iso parece: A comisión de Fomento do Congreso dos Deputados insta ó Goberno a poñerse en contacto co Concello de Ribadeo para falar sobre as características que debe ter unha nova ligazón coa autovía, ó tempo que a sacar o cartel de ‘Ribadeo sur’ que aparece en Dompiñor e que tanto engana ó automobilistas, pois…

  • San Xoán

        Felicidades a tódolos Xoán/Xoana. É un día do que todo o mundo sabe o patronímico correspondente, e non é a causa do el-Rei, aínda que neste caso, na actualidade, a cousa coincida. De calquera xeito, e no sentido real, o día descendeu de categoría, pois houbo un tempo no que lembro que foi festivo.…

  • San Xoán, festa. Patroa, festa?

    Comezan/seguen as festas coa de San Xoán e as fogueiras, para as que se sacaron numerosos permisos. Mentras, en Foz prepáranse para as festas veraniegas incrementando (iso din) a vixiancia de peche de locais a partires desta fin de semana. E en Ribadeo, por iso de que ‘Ribadeo is different’, a preparación das festas parece…

  • É posible

    Rematan de amosalo en A Coruña: é posible pechar un pub. Mesmo sen orde xudicial. Quizáis alí armen máis jaleo que aquí (refírome á xente na rúa) ou teñan a música máis alta e con menos illamento (xa o dubido máis), ou mesmo o horario sexa máis tardío (case seguro polas declaracións), pero polo que…

  • Ribadeo Okupa

    Día a día vai aumentando: comezou e deuse o aviso polo Tesón, primeiro das terrazas invasivas e logo dos invasivos ocupantes das catro calles. O segundo fenómeno, despois da resposta de pasaxe no pleno do concello onde foi prantexada, continúa a aumentar, de xeito que o cuberto lateral da igrexa de san Francisco está ocupada…