-
El papel del periodista es establecer un sistema de valores
O título é unha cita de Juan Luis Cebrián na p.45 de El País de 3 de xuño de 2009. De onde lle virá a iste home o coñecemento? Directamente de Deus, do que sería unha especie de parladoiro mecanizado, estilo ‘Deus ex machina’? Vamos, que no futuro os valores terían que ser os que…
-
Sobre a Galipedia nos 50 000 artigos
Deixo unha nova xa vella sobre os 50 000 artigos da Galipedia, só polo motivo de que aparezo eu por aí no medio e un dos artigos máis traballados, a parte de ser dos primeiros, corresponde a Ribadeo.
-
De todo, no verán e en Ribadeo
O mellor agosto, despois de queixarse dun xullo que coido que non foi malo aínda que os houbera mellores. Ise parece ser o resume do turismo neste verán que aínda non rematou pero no que xa se nota o descenso de xente. As colas na oficina de turismo de Ribadeo son clarificadoras (ver ‘overbooking‘), aínda…
-
Sobre o gas e Ribadeo, estes días
Recibín o aviso de que está actuando na zona (tanto no pobo como nas aldeas) algún suposto inspector de gas, mesmo con algunha credencial e traxeado como tal, que non o é. E que nalgún caso ten actuado cobrando por servizos de revisión/inspección que non pode ofrecer, mesmo dando facturas (coido que me dixeron como…
-
Arredor da suba de impostos en Ribadeo
A conta dunha nota de prensa da AVV Atalaia, onte fun preguntado polo que pensaba sobre a suba de impostos e taxas. Hoxe pode verse na voz o que deduxo o meu interlocutor do que dicía. Como outras veces, coido que debo aclarar algunhas das cousas que alí aparecen. A primeira, que se me chaman…
-
Se existira para Ribadeo …
ó mellor o reloxo que amoso abaixo, se existira cos datos para Ribadeo, non faría tanta impresión. O caso é que ver o aumento da poboación do planeta ou a representación da deforestación, entre outros datos que cambian nel, fai que se lle poñan a un os pelos de punta. Poodwaddle.com
-
Un blasón en Ribadeo: o escudo da aduana nova de Ribadeo
Despois de estar cuberto por un panel co escudo correspondente á monarquía de Xoán Carlos I, na actualidade a aduana está de novo co vello blasón, como amosa a foto. O réxime político do franquismo está caracterizado por ser un sistema dictatorial, concentrador de poderes e supresor de actividades políticas e sindicais. O gusto polas…
-
Unha experiencia relixiosa
Despois de ver a procesión de xentes na baixada á praia, cabe pensar moitas cousas, dende o motivo que fai que tanta xente veña ó retorno económico do tráfego, pasando pola interacción entre a xente e o propio medio que quere visitar e que queda transformado pola súa propia visita. Ou, alguén cre que a…
-
Exposición sobre Rinlo.
Despois de chegarme onte a invitación para a inauguración e visita, hoxe a lista de cultura do concello lembra a súa existencia. Deixo as dúas caras do díptico de invitación e a foto que envía a lista de cultura, lembrando eu o seu paso por algún sitio anterior. ÁS PORTAS DE RINLO Fotografías de Fernando…
