Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.240 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Mareas

    Atópome con que xa saiu o novo número de ‘Cosco Express’, o nº 5, jul/ago 09, e nel un artigo referido a unha investigación feita por alumnos meus. Deixo o artigo en ‘Física e Química en Ribadeo‘, e botarei unha ollada máis ó número, que coido que hai algunha cousa máis que me aproveitará.

  • Chegou agosto

    Si, xa sei que cando esto escribo aínda faltan unhas cantas horas para que oficialmente entre o mes na península, e que cando se lea, é posible que sexa máis que evidente que chegou, mesmo nalgún caso, que pasou. Tampouco me estou a referir a signos como o balbordo de anoite no local de enfronte,…

  • Da Muller

    Daba conta que esta mañá se celebrou no concello a presentación dun libro sobre a muller. Tratábase dun libro de sinaturas a favor da paz de xénero, en contra da violencia de xénero. Pouco que sinalar, quizáis a parte da propia nota do concello ligada arriba e de que só houbo dous homes no acto:…

  • Of_estival_on: On/off folleto

    … a lembrar que son tomas do folleto por pares de páxinas, polo tanto, a última presenta as páxinas 8 e 1, a anterior, a 2 e 7, a 6 e 3 e a 4 e 5…

  • Unha nota sobre o Emma Cuervo

    Con foto de Pancho, unha toma dos trofeos e o cartel anunciador deste ano. Unha actividade máis das múltiples que se organizan en Ribadeo, en particular durante o ano. Un ritmo que dificilmente permite seguilas e referilas. Queda nestes momentos a charla de onte sobre a Diadema de Ribadeo, ou o comezo do On/off, ou…

  • Os trámites medioambientais avanzan ben

    Verbas que onte traía a Voz atribuídas ó alcalde de Castropol en relación ó estudo e posta en marcha de dous portos deportivos no seu concello (a parte do que existe nas Figueiras ou a ampliación que terá moi pronto), máis de catrocentas prazas co que a ría se iría cerrando un pouco máis. Non…

  • No día de Santiago…

    … camiño a Santiago… Pero estas cunchas, na beirarúa da estrada ó monte, exténdense ata o fin do ‘Gregorio Sanz’, … e o camiño aparta abondo antes. Están aí dende hai polo menos dous meses. Crin que se corrixiría o entuerto, pero non, aí seguen…

  • tormenta toponímica sobre a ría de Ribadeo

    (artigo publicado en ‘La Comarca del Eo’ de 20090725 por Victor Moro) … a lembrar que se pode ampliar… Outras anteriores do mesmo autor sobre o mesmo tema: MIRANDO MÁS LEJOS Firma: VÍCTOR MORO Toponomicidio PASARON varias décadas desde que algunas personas del occidente asturiano y sus municipios ribereños con la ría de Ribadeo pusieron…

  • O día de Santiago, a praza de José Mª López

    Hai tempo que quería tomar unha vista da praza de José Mª López (entre Pasarón y Lastra e San Miguel). Unha praciña medio perdida entre rúas, con fonte (agora, da traída, unha vez condeada a fonte natural), con escaleiras no medio, e, agora, … con contedores. No seu momento tomei por algo pasaxeiro a situación…

  • Un artigo xa vello?

    Publicado en 2003 en ‘La Vanguardia‘, este artigo de Manuel Castells, “Democracia en Finlandia“, coido que está alomenos tan no candeleiro como cando se publicou. Apto para reflexionar un día de significado político e social como o de hoxe.