-
Bica, da a man, di hola…
Levo uns cantos días esperando a reacción á campaña do colexio de Médicos de Madrid, “No beses, no des la mano, di hola”. Polo que parece, non hai reacción. A cousa está na prevención da gripe mexicana, e chamoume a atención dende o principio e cada vez máis. Unha cousa é unha profilaxe fronte…
-
10 de agosto con Sol
Hoxe vai bo tempo polo momento. O Sol vai permitir que o curso de construcción de reloxios de Sol se leve a cabo como estaba previsto, e eu vou aproveitar para deixar nova de varias cousas que non saíron aínda. A primeira, o resultado dun decaído Emma Cuervo, 2-1 a favor do Ferrol…
-
Mulleres … Mulleres? Mulleres!
O título non vai en orde… Procurando datos para a entrada pasada atópome co primeiro país do mundo en recoñecer o voto á muller, Nova Celandia, en 1893. E conecto con dúas novas de hoxe; unha, a do paseo por Ribadeo en favor do recoñecemento do nome de diversas rúas a mulleres ribadenses. E outra,…
-
Galipedia, wikipedia e Hiroxima, mon amour
6 de Agosto. A Galipedia acadou hai poucos días os 50 000 artigos (o 23 de xullo). Hoxe son nova os 500 000 artigos da wikipedia en español. Se botamos contas, uns 400 000 000 millóns de falantes fronte a menos de 3 000 000 ‘potenciais’ (ver os pensamentos da actual Xunta), a Galipedia non…
-
Presentación de f28
Onte a presentación de “f28, o ollo feminino”, estivo moi concorrida. Houbo unhas verbas por parte de Mariluz Álvarez, Seguidas doutras de David Rivas, e logo de dúas participantes, Goyi Gómez e María Fernández. Despois, pasteliños. E antes, un traballo de decoración da exposición e un folleto con 17 das imaxes a tamaño reducido. Comezou…
-
Overbooking
Nótase. Xente por tódolas beiras, cola contínua de coches na Avda. de Galicia, colas en Turismo, … a foto da pé a unha interpretación. Parece mentira que o número de sinaturas no libro contra a violencia do xénero, onte a última hora, fora de 123.
-
Algúns días pola mañá…
…alǵuns se despertan como se estiveran na lúa. Nótase especialmente en días significados, onde as resacas abondan. Un descobrir de novo a Terra, pero moi diferente, foi o que lle pasou ás misións Apolo. Un día significado, o de Nadal de 1968 foi tomada a foto onde se ve unha Terra azul por riba da…
-
Galego e castelán no ensino
Saíron os resultados da consulta sobre o galego (e o castelán) no ensino. Coido que xa falei abondo do tema outras veces. Agora non o vou facer, aínda que me sorprenderon algúns dos titulares de prensa que publicitan o resultado e, ó tempo, o desvirtúan.
-
A voltas co deporte
Dicía alguén (e é o título dunha película visible) que as bicicletas son para o verán. O deporte en xeral. Por iso aumentan os deportistas estivais fronte ós invernais, e por iso o próximo fin de semana é o Trofeo Emma Cuervo, e por iso está xa dispoñible o apuntarse para a carreira de Santa…
-
1º de agosto, turismo
Deixando polo momento outras entradas pendentes, paso a poñer unha pequena ilustración da oficina de turismo hoxe. En primeiro lugar, o libro de sinaturas contra a violencia de xénero, no que esta mañá, despois de dous días da xuntanza no salón de plenos, había exactamente 45 sinaturas contando a miña, de 1800 ocos que hai.…