Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
30 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Poder veciñal

    27 de setembro. Lugo. Día do veciño. Preto de 1 500 persoas acudiron á festa da federación veciñal lucense. Moitas. Entre elas, acudiron políticos, periodistas, policías, … que se enfrontaron ós veciños nun partido de fútbol e foron agasalladas con diversos premios. Houbo campeonatos de cartas, gaiteiros, música e danza… Unha mostra do poder da…

  • Curiosidades sobre as drogas

    Vexo en ‘Público‘: “(…) en los Estados Unidos, donde nada menos que un millón y medio de personas son encarceladas cada año por delitos relacionados con la droga: consumo o distribución de esquina (pues por alguna misteriosísima razón en los Estados Unidos, primer consumidor de drogas del mundo, nunca encuentran a los grandes narcotraficantes)”. Curioso,…

  • O lacón do Ramón sabe mogollón

    é a frase da que máis me lembro da obra de teatro de onte, ‘Comendo pimentos de Padrón con Tarantino’ intranscendente comedia que inaugurou o curto Ciclo de Teatro Daniel Cortezón deste 2009, que non ía doutra cousa que de comedia intrascendente e na que por iso se podía rir de xeito tonto tanto como…

  • Unha vista de domingo

    Na rúa Calvo Sotelo, no centro de Ribadeo. A falta de ter a man cámara esta mañá, nun momento en que era literalmente imposible chegar ó contedores de plástico na praza de José María López (entre Pasarón y Lastra e San Miguel, ver captura de http://ribadeo.com/callejero) por estar sitiados os portacontenedores polos vehículos aparcados, deixo…

  • Unha exposición que se vai

    Aínda quedan días, pero xa pasou o seu ecuador en Ribadeo, esta parte (hai 3) de ‘A memoria do mar’, que remata o día 28 a súa exposición na Oficina de Turismo.

  • Seguindo rumbo: presentación do novo curso na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo

    Remato de chegar á casa despois da presentación, que se inicou ás oito da tarde. O salón de actos da Casa do Mar, a rebosar, non puido conter á xente. Soe suceder que neste acto esteña cheo a rebosar, pero nunca o estivo tanto como ista volta. Pode que houbera algo de morbo pola situación…

  • Fronte a fronte, ría de Ribadeo polo medio

    Coido que coas imáxenes, coñecendo a ría, da que pensar a dirección á que se dirixe o entorno.

  • Pleno por fases (II)

    Despois da ‘presentación‘ e da primeira parte, remato con esta entrada o pleno de 20090921. A gratuidade dos libros de texto, moción do PSOE para apoiar a volta ó sistema de anos pasados, deixou o comentario de UPRi de que era mellor do que hai ieste curso, e o do BNG de que o actual…

  • Pleno por fases

    Despois dunha primeira entrada sobre o pleno do concello de Ribadeo de 20090921, e de ter xa publicado José Mª Rodríguez unha reseña extensa, continúo referindo algunhas cousas do mesmo. O final do pleno foron as contestacións ás pregutnas de O Tesón. A primeira, “(…) permitímonos suxerirlle o Concello, se o convenio que ten suscrito…

  • Sobre a neutralidade na rede

    Moito se leva falado da ‘neutralidade na rede’. Iso quere dicir, máis ou menos, que se deixe a rede como o que é, un vehículo, e que non se tente apropiar por ninguén para manexala segundo as súas preferencias, algo que se pode facer de moi distintos xeitos e que, en España, estase a facer,…