Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.375 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Sen Nenó

    Únome ó sentir de moitos dando a despedida a Nenó, José Duarte Díaz, concellal en Ribadeo dende os oitenta, o máis antigo da actual corporación. Pero non por eso, senon porque coido que era unha boa persoa. A nota do concello. A nota da COPE. Entrada na Galipedia.

  • Haití, de novo

    Unha iniciativa do alcalde pretende acoller nenos haitianos en Ribadeo de xeito transitorio. Os poucos detalles que da a nova de prensa do concello sitúan a iniciativa en algo factible, se ben non de xeito inmediato. Un grao de area máis no tema da catástrofe haitiana, que non pode facer esquecer a cuestión de fondo:…

  • Programa do antroido

    Aínda falta para o antroido, pero os programas xa están listos. O título do post, antroido, é como eu o chamei sempre, pois coido que entroido é máis ben cara ó sur (aínda que nos diccionarios sexa o termo preferido), e aquí o nome que xa estaba sendo usado sobre todo era o castelán, carnaval…

  • 1800 €, 3/4 de entrada

    Ise foi o resultado do concerto en favor de Haití. O listado de obras e as verbas de Suso López: Libertango – A.Piazzolla, interpretada polo Grupo de profesoras/es da EMMeD de Ribadeo Casiñas brancas (habaneira de Ribadeo) – Tradicional, por ‘Moitas máis que dúas piano ensemble’ Halo – Beyoncé, polo Grupo de Danza da EMMeD…

  • Reis 2010

    Decátome de que non deixei constancia do programa de Reis. aínda que demasiado tarde, déixoo á beira .

  • De artigos

    Despois de pasar unha ollada polas novas do día, atopo dúas entradas de blog que non din o mesmo, sobre política (e en particular aplicable á política municipal), ambas en castelán (aínda que xeradas ambas en Galicia e me consta que ambos autores non teñen o mesmo enfoque sobre o galego) que coido debo pasar…

  • “XXI Curso de verano de la Fundación Luis de Trelles” en Ribadeo

    Luis de Trelles foi o fundador da Adoración nouturna española, e este verán (do 30 de xuño ó 4 xullo) terá lugar en Ribadeo un curso, o XXI, que leva o seu nome. Para ir coordinando o tema creouse un blog, con varias entradas xa na actualidade, a parte da páxina adicada á fundación Luis…

  • As obras do plan E 2010

    Remato de recollelo da páxina do concello (as ligazóns que aparecen e o comentario final son meus): SUPORÁN UN INVESTIMENTO DE 851.000 EUROS Obras do plan E 2010 22/01/2010 A xunta de voceiros aprobou por unanimidade os 10 proxectos que se realizarán nos vindeiros meses con cargo ao plan E 2010. Esas obras serán ratificadas…

  • Obras para unir e separar Institutos

    A nova de que foron 60 as empresas que se presentaron para realizar as obras no actual IES Dionisio Gamallo Fierros deixa un pouco pensando o por que de tantas empresas. Hai que lembrar que, sen construír pabellóns como neste caso, as obras do cuartel da Guardia Civil viñan publicitadas na prensa por máis dos…

  • Falando da ría e da súa consideración futura

    Onte foi inaugurado o centro de interpretación da ría, en Castropol. É de esperar que de aí xurda unha mellor comprensión do que a ría significa, e que redunde nunha mellor consideración e máis coidado no seu trato. Ademáis, houbo verbas relacionada co tratado na última xuntanza polo momento da Mesa de Asociacións, pois insinuouse…