-
Wikileaks
A conto dunha lectura nunha revista, voltei a entrar en contacto con wikileaks (aquí para unha descrición en castelán) ,web que fai pública información diversa de tipo confidencial, é dicir, información que precisamente se pretende ocultar,por gobernos ou grupos, ós pobos afectados. O seu tamaño actual, medrando rápidamente, pasa longo do millón de arquivos. Nunha…
-
Mellor cidade, mellor vida
A nova exposición universal, en Xanghai, ten ese lema. Abriu onte, na festa do traballo, cun simbolismo de que unha mellor cidade, unha vida mellor, require traballo, ou converter o traballo nunha festa. Por ribadeo, polo momento, o traballo non é unha festa, senón máis ben unha festa a celebrar, o que se traballe. De…
-
Dende pequeniños
A educación dende pequenos é algo lóxico. Antes facíase na familia, agora aínda nese nivel vai pasando ás mans de institucións, debido a diversos factores, dende o traballo das nais á necesidade de socialización dos pequenos entre iguais, nunha sociedade que non da moito pé a facelo doutro xeito. En Ribadeo hai unha guardería dende…
-
Agora si, urbanismo?
Deixo isto para ser publicado ás 11 da mañá. A esa hora, reúnese a comisión de urbanismo segundo unha nota do concello. O obxectivo declarado, seguir a avanzar no PXOM. Algunhas ligazóns a artigos anteriores: Para o pxom, do anterior blog As primeiras páxinas do pxom Da música ó PXOM O pxom de Ribadeo, revisitado…
-
Republicado o libro da Semana Santa
Por fin foi. Xa está na rede o libro desta Semana Santa (polo momento sen tapas), en Publicado en Ribadeo, por xentileza dos Amigos da Semana Santa, David e Gráficas Ribadeo. (na realidade, no grupo de ‘Ecos de la Parroquia‘)
-
Música, maestro
Hoxe a nova de prensa en Ribadeo é a resolución do expediente ó director da EMMR e tamén por convenio da banda, Lourenço Cruz, algo esperado para desatrancar unha situación anómala na escola de música dende hai xa 8 meses, e que se complicou coa incorporación (e baixa nuns poucos días) de Lourenço tras o…
-
De importancia para Ribadeo? Bronca segura
Despois de finalizar o prazo para presentar candidaturas á presidencia da Asociación de Comerciantes (ACISA) / Centro Comercial Aberto (CCA) de Ribadeo, só unha lista: Francisco Iriarte (Gráficas Ribadeo) – presidente Ramón Leivas (Garaxe San Andrés) – vicepresidente Roberto Rivas (Restaurante Marinero) – secretario Mar Torviso Verdeal (Opticalia) – tesoureira Vogais, Manuela Torviso (Lencería Torviso),…
-
24 e 25 de abril
Parece unha casualidade que onte, 24 de abril houbera manifestacións en todas as principais cidades españolas a favor de Garzón (perdón, da súa actuación) e hoxe, 25 de abril, sexa o cabodano da Revolución dos caraveis. Hoxe a Banda Municipal de Ribadeo vai tocar á Cadeira na festa do San Marcos. Tocará Grândola, vila morena?…
-
No auditorio Hernán Naval, coa memoria
Despois da entrada anterior sobre o tema da memoria dos oficios, e co previo do pasado ano de Memoria de muller, algunha foto da presentación onte do vídeo resultante. A primeira, do cartel que se puido ver polo pobo, dúas sinxelas follas impresas, das que unha era unha atractiva imaxe sobre os oficios presentados. Outra,…
-
Violencia de xénero versión 2010
Hoxe dan comezo as xornadas de violencia de xénero. xerán hoxe pola tarde e mañá no Parador de turismo, e a diferencia doutros anos, máis institucionais, no presente parecen estar máis dirixidas ás persoas que poden actuar máis direitamente sobre o tema é á poboación que pode resultar máis direitamente afectada.
