-
20 000 funcionarios
Ás veces, é necesario reconvertir as cifras para facerse unha idea. Iso pasoume hoxe cunha nova en Público, que non di nada novo, senón que aglutina e cifra en 48 M€ os cartos públicos ‘trasvasados’ polo PP na trama Gürtel. Pódese pasar a pesetas, por exemplo, pero os cidadáns que vivimos dun soldo ou os…
-
Os cans de Ribadeo
Remata de facerse público un bando sobre as obrigas dos propietarios de cans en relación ás deposicións na vía pública dos animais compañía. En relación co tema, lembrei un posto de aviso en Porto ó que hai algún tempo lle fixen unha foto, que adxunto. No seu momento, chamoume a atención o lema no seu…
-
Xogos de guerra
As novas moitas veces son esaxeradas para procurar titulares ou determinada reacción. Atopámonos con elas a diario, e normalmente descontamos xa o efecto por anticipado. Non sempre ocorre así, nin moito menos. Nin no desconto do efecto, nin na esaxeración dos titulares. É máis, ás veces quédanse moi cortos por unha ou outra razón. Onte…
-
Felices vacacións
Así comezaba o correo no que recibín as fotos que adxunto (entre outras moitas do mesmo sitio que me enviou Pancho Campos) da destrucción da Mámoa das Pallaregas. O tema é unha limpeza que permite ver como está a zona, citando ó autor do envío, “na que se ve un montículo común con outras protuberancias…
-
Informes sobre o ruido a nivel Galicia e queixas en Ribadeo
Este fin de semana foi recollido pola prensa o informe do valedor do pobo correspondente a 2009 (1, 2 e o propio informe do valedor en particular nos apartados que comezan nas súas páxinas 99, 112, 117 ou 125) de xeito que saen a relocer os temas de ruído e botellón. En Ribadeo (atendido polo…
-
Pasou a Semana Santa
Pasou a Semana Santa, as procesións, pero de seguro seguirá algunha cousa relacionada. Por suposto, a relación da igrexa con diversos temas, pero tamén en Ribadeo, onde o tema do aparcamento comeza a resultar recurrente para algún partido. A asistencia de xente, seguindo a aquelo de que cada quen fala da feira segundo como lle…
-
Antiga e Barbuda e Ribadeo
Pouca relación se pode atopar entre Antiga e Barbuda e Ribadeo. Non sabía de ningunha ata este martes, no que vin que un dos buques cargando pasta de papel no porto tiña a súa bandeira. Unha bandeira dun país considerado como paraíso fiscal nun mundo cosmopolita.
-
31 de marzo, data límite
Hai uns meses saltou á vida unha nova: ou o alcalde repoñía a legalidade da altura dun edificio na r/ Irmáns Ulloa antes de finais de marzo ou pasaba a aboar 1 300 €/mes. Dende aquela houbo un axuste na sentencia, a pregunta do propio alcalde: non se trata só de tirar a altura, pois…
-
Hoxe, a competencia
Estamos en Semana Santa. Despois do Domingo de Ramos, onte foi o Viarucis, a conmemoración de Jesús camiño do Calvario. Con vento frío e unha lua case chea visible despois de varios anos sen deixala ver as nubes, desenrolouse polas rúas céntricas de Ribadeo, con 10 cruces. O viacrucis ten 14 estacións, simbolizadas por 14…
-
Manifestándose
A entrada tiña outro nome, pero un fallo retrasou a súa publicación ata agora e o texto perdeuse; o de agora será diferente. O caso é que quería poñer de manifesto o éxito dunha manifestación en Vigo contra a proposta de privatización da xestión do novo hospital. O caso garda certas semellanzas con outros lugares…