Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Un recuncho da ría

    A ría de Ribadeo, como un todo ou en relación a partes, leva sido tema en moitos post no blog. Polo nome e a polémica arredor del, pero de xeito primario pola propia ría, as súas características, conservación, etc. E visto o visto, coido que continuará así. O pasado ano, unha vez pasado o verán,…

  • Unha nota sobre autocaravanas e tendas de campaña

    Esta noite, alomenos catro autocaravanas e dúas tendas de campaña foron prantadas no parque do Faro da Illa Pancha para os seus propietarias poder ver o mar ó espertar. Supoño que non será un sitio ‘novo’, ó igual que non o é o paseo Alfonso Rodríguez Castelao, o aparcamento do recheo vello ou da praia…

  • O ceo de noite, o ceo de día. Xornadas sobre astronomía en Ribadeo

    O ceo de noite, o ceo de día. Celebraránse dúas sesións, de duración estimada 2h cada unha, en colaboración coa A.C. Xerfa. 10/08/2010 ás 22:00 horas, na Casa da ría de Ribadeo O ceo de estrelas en agosto. A cargo de Alfonso Piñeiro Material: Poden traerse prismáticos, telescopios ou planisferios celestes. 11/08/2010 ás 10:00 horas,…

  • Ir de xira

    Pasou a Xira 2010. Xira en portugués aplícaselles ás rapazas bonitas, pero aquí o significado é moi outro: a xira de Santa Cruz ten o seu nacemento nunha romaría ad-hoc, na que a música de gaita galega, impulsada pola sociedade Amigos da Gaita, tiña a súa pedra angular. É dicir, a diferenza doutras romarías, coido…

  • Ribadeo en feminino

    Ribadeo muller naceu como papel, agora propágase ós bits. A publicación tentou dende o seu nacemento de dar unha pulo ó sentemento feminino en Ribadeo, para evitar unha desigualdade efectiva entre sexos. Dende o comezo, apoiei no que puiden a súa saída, sendo consciente de que unha cousa é desigualdade e outra diferenza, unha un…

  • Nota de prensa sobre a mesa de asociacións 20100703

    Recollo o publicado en http://o-teson.blogspot.com/2010/08/nota-de-prensa-mesa-de-asociacions.html: Nota de prensa Xuntanza da Mesa de Asociacións xullo 2010 Como estaba previsto dende xaneiro, o primeiro fin de semanda do pasado mes de xullo tivo lugar a xuntanza da Mesa de asociacións do concello de Ribadeo. A xuntanza foi convocada, a modo de lembranza, pola AVV O Tesón, sendo…

  • 50 s ou ascensor habemus

    Por fin os ‘de a pé’ podemos usar o ascensor da Atalaia. 16 persoas de cabida e 50 s entre entrada e saída, distribuídos de xeito aproximado en 7 de cerre de portas e outro tanto de apertura, co que quedan uns 36 de viaxe propiamente dita; deles, uns 25 son ‘con vistas á ría’,…

  • Un país normal

    O título corresponde a algo que entendo triste para unha especie de compañeiro de viaxe irmán maior, moito maior, deste blog. Vieiros. Hai uns días dábase a nova do peche desta canle informativa con visión relacionada con Galicia. É de esperar que se manteña na rede ata que remate o seu aboamento de dominio, e…

  • Unha curiosidade máis sobre a ría de Ribado

    Xa estamos afeitos a que a ría de Ribadeo sofra todo tipo de discriminacións (descontando as propias de agresión natural), dende diarios que a tratan como ‘do Eo’ a guías que a inclúen en Asturias, pasando por Presidentes da Xunta, etc. Neste caso, é un mantel collido nun local céntrico en Lugo a comezos de…

  • Delicto gravísimo

    O vaticano remata de elevar á categoría de delicto gravísimo a ordeación sacerdotal de mulleres. Un delicto gravísimo que comparte lugar na prensa con cousas que parecen ser pecados veniais, como o ‘pasar’ do debate sobre o estado da nación do xefe da oposición dun (supostamente) estado democrático, ou o enésimo caso de corrupción. É…