-
Sons de Ribadeo. Comeza a semana con música.
Ribadeo ten moitos aspectos. Por suposto, visuais de beleza sobre a ría ou en relación cos seus edificios de indianos, pero tamén sonoros. O zoar do vento nalgunhas esquinas, os coches ambulantes con altofalantes, ricos en matices, en zonas recorridas, en temas, en horarios, … Iso pode servir para outro día. Para un luns, rara…
-
O show de Truman
O anuncio da TVG para o cubrimento da visita papal de hoxe fíxome pensar no anuncio que aparecía na película ‘El show de Truman‘ sobre a montaxe de seguemento de Truman dentro da esfera-plató. Aquí a cousa é lixeiramente diferetne: santiago non se convirte nunha esfera plató, senón que é o seguemento contínuo de Ratzinger…
-
Sobre poboación: o xarrón poboacional (II)
Un pequeno detalle sobre a pirámide poboacional de Ribadeo: Se collemos a poboación menor que 5 anos e supoñemos a mesma poboación en cada grupo ata os 80 anos (en números redondos, a vida media), danos unha poboación estimada para o futuro de Ribadeo nese caso favorable de … aproximadamente a metade da que ten…
-
Sobre poboación: o xarrón poboacional
Con datos do último censo publicado, 2009, a chamada ‘pirámide poboacional’ de Ribadeo debera chamarse mías ben ‘xarrón poboacional’, pois máis que dunha pirámide a súa forma é a dun xarrón, coas beiras ben amplas e saíntes. Destacaba onte La Voz de Galicia que en Lugo provincia hai máis xente entre 85 e 89 anos…
-
Xulgado, mellor hoxe que mañá
… e non me estou a referir á velocidade de aplicación de xustiza (que é xa sabido pola pedagoxía que mellora en calidade de resultados coa rapidez sempre que non se perda polo camiño a propia xustiza), senón á (re)petición/reposición dun xulgado para Ribadeo. Estánse a deixar xa en diferentes lugares follas para asinar co…
-
A charla de onte, a viaxe de pasado mañá e … quizáis o xulgado dalgún día
Deixo adxunto unha nota de prensa de O Tesón: AVV O Tesón Nota de prensa Ribadeo, 20101031 Cunha entrada de 30 asistentes finalizou onte día 30 de outubro o primeiro ciclo de conferencias que a AVV O Tesón mantivo durante todo o mes na Casa das Letras de Ribadeo. Os temas, que levaban por título…
-
Tapia y la comarca no son lugares de muchas oportunidades
… emporiso, non importa que mexen por riba, se hai algunha oportunidade … O argumento de Juan Calvo-Sotelo, flamante novo comunicador en xefe da tamén nova empresa que tenta abrir a mina de ouro de Tapia, parece que non se lle aplica a el mesmo. Químico industrial, inglés, francés, político local, e compatibilizando postos, ten…
-
De novo, os cortes de luz
Un gran temporal? Non! simplemente, a repetición dos cortes de luz de anteriores anos (aquí, unha referencia como exemplo). E un más a puntar na lista de cortes que non deberan suceder. Como noutras ocasións, segundo a prensa, a empresa lávase as mans, porque as árbores están aí, e sempre poden producir avarías. A xustificación…
-
Canon …
… dixital. Unha pregunta. Cánto tardará o concello en reclamar o pagado por canon dixital? Ten organizado o tema para poder reclamalo? A sentenza da UE sobre a aplicación do canon dixital dixa fóra ós concellos; é dicir, o canon pagado pode reclamarse. Claro que, para iso, hai que ter datos.
-
Cando a lei non se cumpre, revisitado
Chegoume pola web a nova dun artigo de xa hai uns días, escrito for Fernando Acero, Cuando las leyes no se cumplen, los ciudadanos pierden (y mucho), e lembrei un artigo meu escrito coa mesma idea, sobre outro tema, e con diferentes características: Cando a lei non se cumpre. Sei que ó final, resultan diferentes…
