Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • O vindeiro luns 17 vaise abordar a aprobación inicial do regulamento orgánico de participación cidadá do Concello

    … algo do que levo comentado abondo no blog. Non sei o texto que se presentará a aprobación. Xa supoño que o que presentou a Mesa de asociacións hai anos non será, pero intrígame se será o presentado para a discusión das asociacións no comezo de 2010, o devolto pola mesa en setembro ou outra…

  • Falsedades sobre as pensións

    Coido que é de interese xeral o artigo de V. Navarro en ‘Público’. Cando menos, ilustrativo. De aí, a recomendación da súa lectura e paso por algún dos comentarios.

  • Escondendo a man

    Maledicencias, mentiras interesadas, actos para danar … cousas inconcebibles pero que en moitas partes, en todo o mundo, están á orde do día. En Ribadeo, tamén: mesmo eu, hai non tanto tempo escribín sobre métodos mafiosos a conta doutro tema no blog e na prensa. Neste caso, o concelleiro de Medio Ambiente é o implicado,…

  • En lembranza do Nadal 2010/2011

    O Nadal xa pasou. A adaptación para o post-Nadal este ano irá máis lenta, pois a fin de semana así o permete ó ser Reis un xoves. As imaxes a continuación, hoxe, día sete de xaneiro, xa son máis que pasado, lembranza doutro tempo, e como colofón ás entradas del as deixo:

  • Os 10 anos da wikipedia e O Tesón

    O próximo 15 de xaneiro a Wikipedia, proxecto distribuído de coñecemento libre, que se plasma nun conxunto de enciclopedias en internet, cumprirá 10 anos. Entre as enciclopedias ás que deu lugar está a Galipedia, (http://gl.wikipedia.org), consituída xa en referente para asuntos galegos, con máis de 66 000 artigos para consulta e medrando coa colaboración dunha…

  • E esta noite os reis traerán …

    Que che fai falla? Unha residencia da terceira idade? Un pxom? A resolución do caso das vidrieiras? … ti, que pediches? (xa sabes que hai que pedilo con ganas e facer as cousas adecuadas para conseguilo…) Eu só podo deixar un adianto, a modo dos caramelos que se botan nas cabalgatas, en forma de ligazón…

  • Un avance artístico

    Hai xa tempo que O Tesón preguntou en pleno polo listado de cadros do concello, a raíz de que hai unha norma que implica que o uso das salas públicas de exposicións é a cambio dunha obra do autor que expón, e con diferencia son pintores os que solicitan e obteñen tempo para as súas…

  • Entregáronse as sinaturas para que o Xulgado de Primeira Instancia retorne a Ribadeo

    … de onde nunca se debeu deixar marchar… A nota de prensa de O Tesón: AVV O Tesón Nota de prensa 20110101 Onte, 31 de decembro, ás 12 da mañá, tivo lugar a sinatura conxunta por parte de representantes de tódolos grupos políticos representados no Concello de Ribadeo do escrito de acompañamenteo ás 1376 sinaturas…

  • Asamblea Amadores da Música 2010 (II)

    Despois da 1ª parte, a non renovación da directiva, anunciada para a asamblea extraordinaria, e a conexión que fixen entre esa non renovación e o conflito a conta da actuación en Muxía, pola Virxe da Barca, fíxome preguntar por máis detalles sobre o tema, a partir de onde interviu máis da metade dos presentes, dende…

  • A Torre dos Moreno: fin do preludio e algún dato

    O día 23 unha nota de prensa do concello levou a que mirara o DOG dese mesmo día, nun apartado referente a Ribadeo, que reproduzo embaixo. A cousa vai da Torre dos Moreno, Ben de Interese Cultural de Ribadeo (ver listado ó final), e o que se anuncia significa que a vía que máis ou…