Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Fin dun problema?

    En todo caso, quere ser o inicio do fin: comezan as obras na Ponte de Arante, segundo informa o concello. A cousa veu por unha riada, que coido que ten que ver algo coa lei de augas, aínda que se entenda outra cousa: unha lei que foi aprobada polo Parlamento galego hai pouco e que…

  • 23-F

    Escapábaseme. O pensamento de que podería facer e a sensación de estar a algo máis de 200 km da fronteira. Que ter feito de seren as cousas lixeiramente diferentes o 23-F? Hoxe temos a mirada dirixida a Libia, cun ditador masacrando ó seu pobo e vémolo como algo lonxano, a pesares de todos os males…

  • Subindo e baixando

    Hai algún tempo puxéronse ‘pasos elevados’ no paseo Castelao, na beiraría. Naquel tempo, aínda concebía os ‘pasos elevados’ como pontes sobre a rúa ou estrada para facilitar o paso dos peóns sen dificultar a circulación rodada. Dende aquela, en Ribadeo e outros lugares, houbo que ‘cambiar o chip’; os pasos elevados son agora sinónimo de…

  • Participa, coño! (II)

    — enviado ós medios para a súa publicación — — 4ª parte; 3ª parte; 2ª parte; 1ª parte — Coido que antes de comezar a expoñer algúns cambios desexables no regulamento de participación cidadá aprobado inicialmente no pleno de xaneiro (non todos, senón isto sería demasiado longo), é cousa de ter unha visión xeral do…

  • Nota de prensa sobre a Plataforma pro residencia de persoas maiores de Ribadeo

    Ligazón ao blog de O Tesón

  • Participa, coño!

    -enviado para a súa publicación en diversos medios- Participa, coño! Coido que pode verse claro que o título leva en si unha contradicción. Dende a historia do regulamento de participación cidadá en Ribadeo ata as alegacións que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que é, para…

  • Sobre a Torre dos Moreno

    Sae hoxe na prensa a nova da venda doutro 10% … a cousa anímase. Despois da nova da venda do 50%, deixo de pronto só a referencia, o comentario virá despois.

  • Como tentar dar a volta a unha nova

    Parece que un pub de Ribadeo aberto hai 17 anos e medio, o Pasillo, vaise pechar para instalar nel outro tipo de local de hostalería. Xa espuxen en varios artigos previos (aquí, aquí, aquí ou aquí) que era necesaria unha reconversión dos locais tipo pub, referíndome ó xeito no que estaban a funcionar. Neste caso,…

  • Conciencia cidadá

    A traverso de Im-pulso entérome da ‘revolución estilo Islandés‘. Non se trata aí de derrocar a un dictador como está a suceder nos países norteafricanos, senón de plantexarse que quen as fai, págaas, tendo moi clariño que o poder reside no pobo, e que o pobo para iso, necesita unha educación de calidade, minimizando os…

  • Visto no BOP

    Despois do último pleno, quedeime a esperar o comezo da tempada de alegacións do regulamento de participación cidadá. Nada saiu ata hoxe do tema … nos medios locais. Si que saiu, xa o día 1 de febreiro, no BOP de Lugo, p.24, a nota correspondente: “Anuncio En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei…