Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.376 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Participa, coño!

    -enviado para a súa publicación en diversos medios- Participa, coño! Coido que pode verse claro que o título leva en si unha contradicción. Dende a historia do regulamento de participación cidadá en Ribadeo ata as alegacións que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que é, para…

  • Sobre a Torre dos Moreno

    Sae hoxe na prensa a nova da venda doutro 10% … a cousa anímase. Despois da nova da venda do 50%, deixo de pronto só a referencia, o comentario virá despois.

  • Como tentar dar a volta a unha nova

    Parece que un pub de Ribadeo aberto hai 17 anos e medio, o Pasillo, vaise pechar para instalar nel outro tipo de local de hostalería. Xa espuxen en varios artigos previos (aquí, aquí, aquí ou aquí) que era necesaria unha reconversión dos locais tipo pub, referíndome ó xeito no que estaban a funcionar. Neste caso,…

  • Conciencia cidadá

    A traverso de Im-pulso entérome da ‘revolución estilo Islandés‘. Non se trata aí de derrocar a un dictador como está a suceder nos países norteafricanos, senón de plantexarse que quen as fai, págaas, tendo moi clariño que o poder reside no pobo, e que o pobo para iso, necesita unha educación de calidade, minimizando os…

  • Visto no BOP

    Despois do último pleno, quedeime a esperar o comezo da tempada de alegacións do regulamento de participación cidadá. Nada saiu ata hoxe do tema … nos medios locais. Si que saiu, xa o día 1 de febreiro, no BOP de Lugo, p.24, a nota correspondente: “Anuncio En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei…

  • Cambio de táctica? Parece que mellora en calquera caso.

    Roubos diversos fixeron que, tras unha xuntanza de urxencia da Xunta de Seguridade hai xa algún tempo, aparecera pola zona un helicóptero da Guardia Civil cunha potente luz que, o primeiro día de actuación, estivo usando ata ben tarde. Dende aquela, ten recorrido o ceo ribadense de xeito que o pode ter ben coñecido, e…

  • A río revolto

    … ganancia de pescadores. O refrán hai que interpretalo, para ver o que significa ‘río’, ‘revolto’ e ‘pescadores’ en cada caso. O da ‘ganancia’ pode estar máis claro en xeral que os outros conceptos, unha vez identificados. Resulta que en Ribadeo, hoxe, a nova que me chama a atención é a que inclúe a voz…

  • A lama pégase

    Agora que está de moda noticieira que varios países do norte de África tenten rebelarse contra gobernantes corruptos, que non deixa de estalo as manobras que fan políticos en activo en España para non só esquivar o cárcere, senón ganar votos a conta da śua popularidade co tema, que se ve que non é patrimonio…

  • Un momento, reflexión, hoxe hai folga?

    A crise necesita de reflexión para resolverse. A situación de perda de dereitos sociais, de algo máis: da defensa dos propios dereitos. Ben, as dúas propostas anteriores son incompletas por estaren reducidas ó máximo: quedan fóra por exemplo factores como o meter en vereda ós causantes da crise, para o que non chega a reflexión,…

  • Desfacendo caixa

    Dise ‘facer caixa’ cando se está a meter cartos na caixa e logo se contan, requisito previo para ganalos. Pero non vai a cousa nese sentido. En Galicia falouse a tempada pasada de facer unha caixa, que despois dunha longa xestión, trufada de política local, galega e española e combate entre poderes económicos, quedou tras…