Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Inaugurando a EDAR de Ribadeo: algunhas cousas

    Onte inaugurouse a EDAR de Ribadeo. Coido que unha entrada anterior xa expuxen algo sobre o tema, pero poderían dicirse moitas cousas máis. Por exemplo, deixo abaixo as intervencións do alcalde e do Presidente da Xunta (precedidas pola intervención dun técnico da empresa e o conselleiro), lembrando que son ditas pouco antes das eleccións municipais,…

  • Colaboración

    Onte aparecía na prensa a colaboración futura entre Salvamento marítimo e a vixiancia antidroga. Igualmente daba a nova de que a xente a AEAT poñerá recursos para colaborar contra a contaminación. Está claro que unhas axencias ou dependencias públicas teñen máis recursos que outras, e aínda que así non fora, tamén estaría ben mellorar a…

  • Presentación do libro de homenaxe a Daniel Cortezón

    O acto do sábado 20110319 para a presentación do libro homenaxe a Daniel Cortezón fixo que o salón de plenos do concello estivera cheo a rebosar: 150 persoas que mantiveron a espectativa ó longo do máis dunha hora que durou, despois dun retraso de inicio pola espera do Subdirector Xeral de Bibliotecas e director da…

  • O día da muller, en diferido

    Xa deixei no seu momento unha pequena reflexión sobre o cambio de datas dalgunhas celebracións debido ós cambios no calendario doutras. Onte por fin celebrouse o día da muller en Ribadeo coa actuación de varios grupos no concerto unindo voces pola igualdade: Alesancia, Maktubikan, Habelas hainas e A lei de Hooke. A entrada, case cheo.…

  • San Xosé

    Hoxe é San Xosé, celebrado como día do pai. Alguén terá a ocurrencia de relacionar a necesidade dun mellor coidado do dos pais e nais cando xa van maiores, hoxe na prensa? Ó fío da constitución da plataforma pro residencia de maiores en Ribadeo, por exemplo…

  • Hai xa días,un comentario

    Entre os ficheiros gardados para comentar que pouco a pouco van quedando vellos, algún sae a tempo do pó informático de cando en vez. Como unha nova de hai case dez días que consistía nunha entrevista ó alcalde de Barreiros. A entrevista era o de menos, pero chamoume a atención unha frase, en véspera eleitoral:…

  • Dous anos de diferencia, dúas veces o mesmo anuncio

    Hai dous anos o tema do hospital da costa estaba abondo máis movido. Dous anos serven tamén para temperar. E para ver o grao de cumprimento. Hai dous anos, no 2009 (se ben máis avanzado que o que vai deste 2011, na festa da faba de Lourenzá), o Presidente Feijóo dixo: «Hai o compromiso de…

  • A voltas cos Terremotos

    A conta do terremoto no Xapón (9 na Escala Ritcher), déuselle importancia un pequeno terremoto en Santigo (3,2 na mesma escala). Sendo a escala usada logarítmica, iso significa que o terremoto xaponés liberou preto duns 1000 millóns de veces máis enerxía que o de Santiago. Aínda así, do desastre que aló hai, o terremoto só…

  • Un novo paseo

    As da beira son algunhas fotos das que remato de cargar en Flickr sobre o Paseo das Aceas que se está a facer dende os bloques (poden verse a partir de aquí). Comeza nos bloques, onde se están a facer varias reformas: novos edificios en troques dos vellos, saneamento da antiga rraseira de edificios, eliminación…

  • Pois queimouse

    Un vídeo dunha parte dos fogos…