Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • A Semana santa, o pregón e nova obra

    Onte foi o pregón da Semana Santa. Deixo á beira os dous folletos (tríptico e cuadríptico) que dan nova dos actos da Semana deste ano en Ribadeo. O pregón foi oficiado por Mons. Alfonso Carrasco, e espero telo subido hoxe ou mañá, polo que non comentarei máis del. A continuación do pregón houbo actuación, coa…

  • Venres …

    Hoxe a mediodía remata a XVII Feira da Ciencia de Ribadeo, inaugurada o martes, mentras comeza a extenderse a banda ancha polo rural da zona, que a estaba necesitando. E remata a serie de ‘actos preparatorios’ á semana santa ribadense, coa primeira procesión, a da Virxe das Dores, ás oito da tarde, tendo mañá o…

  • Caso resolto

    Ista volta a solución foi rápida. Hai dúas persoas relacionadas xa cos destrozos do cargadoiro. 22 anos. Quen? Polo momento, non é público. Nas novas, hai algunhas aristas que non se ven patentes nos titulares a primeira vista, aínda que sexa nova de interior de artigo ou mesmo subtítulo. Neste caso, destacaría dous puntos importantes.…

  • Presentación da XVII feira da ciencia de Ribadeo

    Venres foi a presentación da XVII edición da feira da ciencia de Ribadeo. Nahuel, Adrián, Miguel, Manuel e Alejandra, que actuou asemade de coordinadora, foron os encargados da súa presentación á prensa. Terá lugar entre 12 (pola tarde) e 15 (pola mañá) de abril no IES Porta da Auga. Os periodistas que asistiron, e os…

  • Chegaron os vándalos (II)

    Hai un par de días publiquei unha nota curta, chegaron os vándalos, na que daba nota dos destrozos no cargadoiro. Ó día seguinte puiden ver no blog de El Ángel de Olavide outro vandalismo nas Figueiras. Onte tamén entereime de destrozos en Viveiro pouco antes das municipais pasadas. E hoxe decidín deixar unha pequena mostra…

  • Publicado o Roteiro en San Miguel de Máis talento, menos cemento

    Pódese ver en ‘Publicado en Ribadeo‘: roteiro Xa había tempo que tiña ganas de publicar este pequeno traballo de recuperación da memoria e denuncia da irresponsabilidade urbanística. Sobre máis talento, menos cemento en entradas anteriores: 1, 2, 3, … e o grupo no facebook

  • Polo faciliño

    Así vai ampliándose de novo a autovía. Nesta semana, espérase (sen inauguración patente, pero con eco equivalente) un novo tramo dende a Xesta a Abadín (oficialmente o tramo é A Careira-Abadín, pero iso pouco importa), mentras segue en funcionamento o desvío provisional en Lourenzá e tamén o de Martiñán, ambos sen servizo (despois de costar…

  • Chegaron os vándalos

    De xeito periódico sucenden en Ribadeo actos de vandalismo. Por sorte os períodos son longos. Agora tocoulles o turno ás luminarias do cargadoiro. Pódese ler a nota do prensa do concello, ou observar as fotos. Pero a desolación hai que sentila camiñando polo parque. Din que vandalismo ven dos vándalos, un dos pobos invasores tras…

  • Unha ollada sobre a A21L

    Axenda 21 Local: un titulo para un conxunto de accións dirixidas a algo así como un desenvolvemento mantible no século XXI… É dicir, unha especie de ilusión en marcha. Onte houbo unha xuntanza en Ribadeo. Contando os coordinadores, máis de corenta persoas. Abondo máis de dúas horas despois de comezar algo tarde. Tentarei dar unha…

  • Deconstruíndo a construción en Barreiros

        O Sábado 26 tivo lugar unha mesa redonda de ‘Máis talento, menos cemento’ no centro sociocultural de San Cosme. A afluencia non foi ampla: unhas sesenta persoas nun salón no que estaban dispostas case o dobre de cadeiras. Novidades tampouco houbo moitas. Pero coido que pagou a pena estar as dúas horas de conversa,…