-
Preparando a reflexión …
… en imaxes de Ángel Alda da porta do Sol e o movemento 15 de maio …
-
# 290 Spanishrevolution, con 500 000 acampados, e subindo
Un mapa… e máis cousas que van xurdindo, por exemplo un 3D virtual, ou unha foto que pode resultar histórica. Teño preparadas entradas xa para mañá e pasado. Quedarán obsoletas antes mesmo de cargalas? Outros sobrespanishrevolution / movemento do 15 de maio, no blog: Tahrir, Sol e historia de Ribadeo Paréntese antes das eleccións Oito…
-
Entre o 16 e o 17 de maio
Iste ano o concerto das letras galegas foi o 14 de maio. O por que, non o sei. E sendo unha homenaxe a Hernán, que tivo o seu pasamento na noite entre o 16 e o 17, queda como algo raro. Participamos na última peza músicos que chegamos a tocar con Hernán. Convertiuse así no…
-
A agulla no palleiro
Atopar unha nova que non sexa de política é, senón misión imposible, si alomenos moi dificultosa. A xeración de novas por parte de partidos e candidatos non deixa espazo, pero máis aínda, contamina o resto das novas. Polo momento, aparece sen contaminar en Ribadeo a celebración do concerto das letras galegas hoxe, coa lembranza de…
-
Unha lembranza para hoxe, recollido do Facebook
Chenchu López * Inauguración da exposición E chegou o día. Hoxe ás sete da tarde abrirase as portas da exposición cunha pequena inauguración a base de petiscos e bebida. Estades todos convidados. Brrrr… que nervios. — por certo, ,é na oficina vella de turismo á sete (en 10 minutos…)
-
De novo, unha vez recuperado o servizo, unha reflexión rápida (e bruta)
Parece que isto se manén estable alomenos uns minutos…vai logo Onte non houbo debate. Cabe preguntarse pola influenza que tería en caso de terse celebrado. Hai poucos días deixei reflectida nunha entrada nova de que a campaña pode influír nun 15%. E un debate? En canto pode influír? Non é unha influenza asemade o acordo…
-
Candido Pazó
Actuou anoite no cine teatro e convenceu ante unha entrada da metade de público. Tratábase do colofón das xornadas de tapeo desta tempada. Pola mañá houbo marcha a favor da Asociación Española contra o Cancro, e tamén a segunda sesión de iniciación ó atletismo. Por agora non se move moito, despois do mítin do venres,…
-
Despois dun descanso mínimo
Atópome na páxina do concello unha ligazón errada a Ribadeo na memoria, a páxina de fotos realizada cosa páxinas escaneadas a última tempada despois da chamada do concello. O enderezo correcto é http://namemoria.ribadeo.org, que corresponde ó que pon o texto que da nova da ligazón, pero non á ligazón que pon o texto, por razóns…
-
Os rastros do 1º de maio: unha curiosidade
Non deixa de ser curioso que onte un xornal (a Voz) especificara na edición en papel nunha minguada portada para a provincia (polos anuncios da primeira local) o exiguo número de traballadores asistentes ás diversas manifestacións que houbo en varias localidades, sen notárselle moito a división sindical, como querendo remarcar que a nova era só…
-
Bo, xa se queixaron e manifestaron os de sempre, voltemos á normalidade
… agora o resto a traballar mentres haxa algo de traballo. Casualmente, en España o 2 de maio ten o significado dunha revolta popular. É unha sinal de que houbo xente capaz de revolverse e reconquistar unha independencia. Mentres, na actualidade, segue o paro, e os sociólogos pregúntanse que fai que un país co paro…
