-
Subindo e baixando
Hai algún tempo puxéronse ‘pasos elevados’ no paseo Castelao, na beiraría. Naquel tempo, aínda concebía os ‘pasos elevados’ como pontes sobre a rúa ou estrada para facilitar o paso dos peóns sen dificultar a circulación rodada. Dende aquela, en Ribadeo e outros lugares, houbo que ‘cambiar o chip’; os pasos elevados son agora sinónimo de…
-
Participa, coño! (II)
— enviado ós medios para a súa publicación — — 4ª parte; 3ª parte; 2ª parte; 1ª parte — Coido que antes de comezar a expoñer algúns cambios desexables no regulamento de participación cidadá aprobado inicialmente no pleno de xaneiro (non todos, senón isto sería demasiado longo), é cousa de ter unha visión xeral do…
-
Nota de prensa sobre a Plataforma pro residencia de persoas maiores de Ribadeo
Ligazón ao blog de O Tesón
-
Participa, coño!
-enviado para a súa publicación en diversos medios- Participa, coño! Coido que pode verse claro que o título leva en si unha contradicción. Dende a historia do regulamento de participación cidadá en Ribadeo ata as alegacións que deberan terse en conta, tentarei esbozar en varias entregas algo do que significa unha normativa que é, para…
-
Sobre a Torre dos Moreno
Sae hoxe na prensa a nova da venda doutro 10% … a cousa anímase. Despois da nova da venda do 50%, deixo de pronto só a referencia, o comentario virá despois.
-
Como tentar dar a volta a unha nova
Parece que un pub de Ribadeo aberto hai 17 anos e medio, o Pasillo, vaise pechar para instalar nel outro tipo de local de hostalería. Xa espuxen en varios artigos previos (aquí, aquí, aquí ou aquí) que era necesaria unha reconversión dos locais tipo pub, referíndome ó xeito no que estaban a funcionar. Neste caso,…
-
Conciencia cidadá
A traverso de Im-pulso entérome da ‘revolución estilo Islandés‘. Non se trata aí de derrocar a un dictador como está a suceder nos países norteafricanos, senón de plantexarse que quen as fai, págaas, tendo moi clariño que o poder reside no pobo, e que o pobo para iso, necesita unha educación de calidade, minimizando os…
-
Visto no BOP
Despois do último pleno, quedeime a esperar o comezo da tempada de alegacións do regulamento de participación cidadá. Nada saiu ata hoxe do tema … nos medios locais. Si que saiu, xa o día 1 de febreiro, no BOP de Lugo, p.24, a nota correspondente: “Anuncio En cumprimento do disposto no artigo 49 da Lei…
-
Cambio de táctica? Parece que mellora en calquera caso.
Roubos diversos fixeron que, tras unha xuntanza de urxencia da Xunta de Seguridade hai xa algún tempo, aparecera pola zona un helicóptero da Guardia Civil cunha potente luz que, o primeiro día de actuación, estivo usando ata ben tarde. Dende aquela, ten recorrido o ceo ribadense de xeito que o pode ter ben coñecido, e…
-
A río revolto
… ganancia de pescadores. O refrán hai que interpretalo, para ver o que significa ‘río’, ‘revolto’ e ‘pescadores’ en cada caso. O da ‘ganancia’ pode estar máis claro en xeral que os outros conceptos, unha vez identificados. Resulta que en Ribadeo, hoxe, a nova que me chama a atención é a que inclúe a voz…