Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Un mundo que se acaba

    A conto da espiral de desastre financieiro que pasa á economía e á sociedade e retorna facendo máis insostibles as finanzas, ocórreseme facer unha predicción: en España en xeral, e en Galicia en particular, o ano 2011 terá unha estatística de menor crecemento vexetativo que 2009. Medrará menos, co que a bomba demográfica nestes lares…

  • Pregón da xira

    Unha nota breve para comnicar que o pregón da xira 2011, de Antonio Deaño Gamallo, está xa subido en publicado en Ribadeo.

  • Lei de independencia

    Tense falado moito dun tempo a esta parte da lei de dependencia. Unha lei que procura poñer as condicións para que os nosos maiores sexan o máis independentes posible, paliando a dependencia cunha contribución social estruturada, en troques de deixala ó albur da familia ou achegados diversos, nun momento no que os lazos familiares tenden…

  • Sobre o xulgado. Nota de prensa da AVV O Tesón 20110810

    Recollido de http://o-teson.blogspot.com/2011/08/sobre-o-xulgado-nota-de-prensa-20110810.html Hai xa un mes, o 13 de xullo, que a AVV O Tesón presentou no concello un escrito foi preguntando polo Xulgado. Nel facíase lembranza de que o 31 de decembro do pasado ano foi asinado polos representantes políticos, con destino a D. Francisco Caamaño, Sr. Ministro de Xustiza, un documento con…

  • Candidato a ser declarado demasiado galego

    Tal como están as cousas, vexo a posibilidade de que calquera (maiormente, político, pero non necesariamente) faiga unha declaración de que este blog é (ou eu son) ‘demasiado galego’. Pode soar a choteo mesmo polo que podería ter de chotis, e teño claro que a pouca relevancia concedida ó blog non o fai acredor dunha…

  • É isto xira?

    A conta do publicado onte sobre a Xira, recibín un correo electrónico cunha ligazón a un vídeo de Youtube (hai máis) que deixo a continuación embebido (nunca mellor dito): O comentario primeiro que fai o remitente, ‘Estiveron cortando o tráfico unha hora sen que aparecese a policia’, e o último, avisando que colgará en Ribadeo…

  • De xira pola rúas de Ribadeo

    A cousa cambio moito duns anos a esta parte. Xa o pasado ano facíao notar en ‘ir de Xira‘. Hoxe pódese ver ese mesmo cambio de substitución da comida campestre amenizada con música polo tomar viños con música de gira, abaixo, no pobo, antes de subir a Santa Cruz. O divertirse no monte por montar…

  • Cousas de verán

    Chegou o verán onte con forza, nun día magnífico para estar á sombra, ou queimarse ó Sol. A ría de Ribadeo, a rebosar, de auga polas mareas que está a haber estes días, e de barcos surcando as súas augas, algúns desfrutando delas e outros cruzando a toda pastilla. Hoxe preséntase outro día semellante, onde…

  • Terremoto na Veiga …

    En realidade nos Oscos, como pode verse na imaxe tomada do IGN, o máis próximo dos que houbo hoxe, con varios en Triacastela, o máis potente, lixeiramente máis potente ca iste: Datos do IGN. Info recollible en   http://www.ign.es/ign/head/sismoDetalleTerremotos30Spain.do?evid=1077328

  • King Kong non mexa

    Lembrádesvos do mexadoiro de King Kong? Pois está seco, King Kong non debe mexar … O mexadoiro de King Kong, encadrado entre dous edificios emblemáticos de Ribadeo. Onte pasei polo parque do mineral e vin que estaban a retirar a balaustrada (o que quedaba dela). Ben feito. Non sei se a repoñerán (a orde de…