-
Libro Semana Santa 2011
Está subido en Ecos de la parroquia (accesible a partir de Publicado en Ribadeo).
-
Golpe na mesa, 2ª parte
Despois de golpe na mesa, cabía esperar unha resposta. Os xornais vánna desgranando pouco a pouco, de xeito que xa puxen como comentario varias ligazóns, e hoxe súmolle a ligazón ó comentario do comunicado do comité de empresa e do alcalde. Mentras, apuntaría unha liña da postura sindical: a defensa dos traballadores indicando que non…
-
Unha nota de prensa que inclúe á Mariña
Lembran unha plataforma para a defensa da sanidade mariñán que foi referida no blog moitas veceshai cousa de 1 ano a 2 anos? Pois suma e segue: “A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere denunciar unha serie de recortes que a Consellería de Sanidade pretende introducir no transporte de enfermos en ambulancia…
-
Ribadeo na memoria / Ribadeo no futuro
Portada da presentación Onte foi a presentación de Ribadeo na Memoria, un proxecto de dixitalización e subida á rede de fotos de antes do 1970 no concello de Ribadeo. Fora presentado antes en parroquias, nas parcelas correspondentes a cada unha, pero onte, para remate, fíxose no cine teatro, con presentación informática. Tivo catro partes, cun…
-
Tocando en San Roque, cos cocos con accidente
Abaixo deixo, unha volta solucionados problemas técnicos por parte de blogger, unha curta entrada co folleto de obras do concerto de san Roque da BMR, e unha gravación das obras (a excepción das dúas primeras e co engadido do agasallo final) Como sempre, moita xente e algo de barullo arredor da banda. Esta volta, tocando…
-
Un mundo que se acaba
A conto da espiral de desastre financieiro que pasa á economía e á sociedade e retorna facendo máis insostibles as finanzas, ocórreseme facer unha predicción: en España en xeral, e en Galicia en particular, o ano 2011 terá unha estatística de menor crecemento vexetativo que 2009. Medrará menos, co que a bomba demográfica nestes lares…
-
Pregón da xira
Unha nota breve para comnicar que o pregón da xira 2011, de Antonio Deaño Gamallo, está xa subido en publicado en Ribadeo.
-
Lei de independencia
Tense falado moito dun tempo a esta parte da lei de dependencia. Unha lei que procura poñer as condicións para que os nosos maiores sexan o máis independentes posible, paliando a dependencia cunha contribución social estruturada, en troques de deixala ó albur da familia ou achegados diversos, nun momento no que os lazos familiares tenden…
-
Sobre o xulgado. Nota de prensa da AVV O Tesón 20110810
Recollido de http://o-teson.blogspot.com/2011/08/sobre-o-xulgado-nota-de-prensa-20110810.html Hai xa un mes, o 13 de xullo, que a AVV O Tesón presentou no concello un escrito foi preguntando polo Xulgado. Nel facíase lembranza de que o 31 de decembro do pasado ano foi asinado polos representantes políticos, con destino a D. Francisco Caamaño, Sr. Ministro de Xustiza, un documento con…
-
Candidato a ser declarado demasiado galego
Tal como están as cousas, vexo a posibilidade de que calquera (maiormente, político, pero non necesariamente) faiga unha declaración de que este blog é (ou eu son) ‘demasiado galego’. Pode soar a choteo mesmo polo que podería ter de chotis, e teño claro que a pouca relevancia concedida ó blog non o fai acredor dunha…
