Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Saída ó mundo

    Esta noite, ás 4 da mañá, largaba amarras o último buque feito en Gondán para Fratelli Neri. Na páxina da empresa italiana armadora aparece como tarxeta de visita a imaxe dun barco anterior co fondo da illa Pancha, o Costante Neri. Facendo país polo mundo, o Guardian Neri siau feito con mans dos nosos veciños,…

  • Que pasa coa herdanza dos Moreno? (III)

    Despois das dúas primeiras entradas sobre os Moreno e o seu legado (I e II), e unha pequena reflexión sobre o que trouxeron os reis, atopámonos cunha sorpresa máis tras os reis e en relación ó legado: Ribadeo, disposta a vender a súa parte da torre dos Moreno. Enténdase, non é Ribadeo, senón o alcalde…

  • Isaac Díaz Pardo

    Morreu. Era un icono. E érao por algo. Descanse en paz. Deixo unha escolma de cousas sobre el: Artigo na Galipedia (con máis referencias). A nota no El País. No Público. Vídeo de homenaxe de Mariano Grueiro. Biopic. Biopic máis curto. Entrevista hai un lustro. Vídeo da Un. de Vigo …

  • Que pasa coa herdanza dos Moreno? (II)

    Acceso á 1ª parte O FUTURO DA TORRE DOS MORENO Evaristo Lombardero Rico Moito se leva escrito e debatido sobre o futuro da Torre do Moreno e mesmo puidera parecer que non queda nada por decir. Sin embargo nas últimas semanas veñen aparecendo novas moi preocupantes nos medios de comunicación. En resumen penso que deben…

  • Que pasa coa herdanza dos Moreno?

        Cen anos despois de que os Moreno comezaran a contribuír a Ribadeo con diversas obras, parece como se foran xa cousa do pasado e Ribadeo non tivera moito interese polo seu futuro. O futuro da herdanza viva dos Moreno e o futuro de Ribadeo.     O último episodio, ata o momento, saltou coa paralización…

  • Valorando 2011. Máis

    Despois de falar do tempo, do intrascendente, quedaría a charla máis ‘trascendente’. E resulta que, a pesares do cedo que é no ano, deume tempo a ver que a nivel España hai moitas valoracións punteiras (á beira doutras que non o son, claro) como a de Miren Etxezarreta, que acompañada nunha páxina en papel por…

  • Un descanso para deixar marchar o ano

    A asociación belenista de Ribadeo voltou montar o Belén. Máis ben cabería dicir os beléns, pois entre a antiga Casa Maseda e a vella oficina de turismo (a ambos extremos do campo) teñen desenvolto dous ‘grandes’ e varias deceas de ‘misterios’ máis -e máis material que non montaron-. A asociación estase a mover, calquera pode…

  • O día dos Santos Inocentes, O Ribadeo que queremos

    Aló polo 2 de abril de 2005, deixaba no antigo blog, predecesor de Ribadeando, un artigo co nome ‘O Ribadeo que queremos‘. Hoxe, máis de seis anos e medio despois, e tamén despois de citalo unhas cantas veces, coido que pode ser lido sen perda de actualidade. Déixoo nun día de Santos Inocentes, con inocencia.

  • Se queres votar o blog en 20minutos…

  • Isto non é o ‘Xoán sen medo ou o zapateiro valente’

    Para quen non lembre o conto do zapateiro valente, un pequeno resumo é que un zapateiro que non daba matado nin unha mosca, un día, nun golpe de sorte, matou cinco, e comezouno a contar moi ufano cando estaban na procura dalguén que se enfrontara a un xigante que ameazaba no reino. Unha cousa levou…