Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Manuel resiste, Xosé non: a sociedade galega está a cambiar

    Despois dunha semana de ver comentarios sobre resultados, atópome de fronte na papeleira o titular a gran tamaño, principal do luns dun xornal: Feijoo se supera. E decido que hoxe non falo máis (diretamente) das eleccións. Voume ó ige e procuro os nomes das nenas e os nenos que naceron o último ano:   En…

  • Aprendendo dende fóra. O resultado, para cándo?

    As novas pola nosa bisbarra están centradas agora mesmo máis que na campaña electoral, no emprego: Cemar non pecha en Ribadeo de momento, despois de anunciar os xornais que si o ía facer. Gondán bota un novo buque, irmán doutros anteriores, e mantén a esperanza dunha industria forte na ría. Alcoa respira. En Foz, tamén…

  • Un par de detalles

    Catro días de campaña, contando o presente. E cáusame curiosidade que hoxe non atope en internet o gráfico enquisa da Voz, mentras aparece como nova principal que se van de Galicia tódolos meses 2 000 persoas de entre 20 e 34 anos. Onte mesmo comentáballe por escrito a un amigo que a percepción sobre o…

  • Estado actual de moitas ilusións: proxectos para Ribadeo

    Ribadeo é persoa maior. Como tal, moitas ilusións e proxectos vánse quedando no tinteiro. Lei de vida? Si, inexorable, pero non invariable para cada un dos proxectos, pois está visto que se se deixa, o número de proxectos inalcanzables chegará ó infinito, mentras que con acción o número dos que se vexan perdidos baixará tendendo…

  • ‘Paralizaron miles de vivendas en Barreiros para nada’

    O título corresponde a un titular de xornal de onte. As verbas son postas en boca do alcalde de Barreiros. E estou de acordo con elas, pero coido que por motivo diferente que o alcalde. A postura do alcalde ven sendo a de ‘vedes, non hai nada, deixade de molestar’, amparándose en resolución xudicial. Polo…

  • Unha lembranza externa (entre outras moitas posibles) para o comezo de campaña

    Chego a traver de Ángel Alda a un artigo do Huffington Post. Trata de traballo e corrupción, emigración e desolación, futuro sin presente e presente sen futuro … É un máis, pero non un menos: un máis entre os escritos, pero non un menos por escribir, porque a materia da que trata non nota que…

  • Denuncia da Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo

    –/Recomendable ver o vídeo/– DE: Evaristo Lombardero Rico, presidente de la Plataforma por la Defensa de la Ría de Ribadeo A: Fiscalía de Medio Ambiente. Asturias Sr. Fiscal de Medio Ambiente de Oviedo: En nombre y representación de la Asociación Vecinal, Cultural y Ecologista PLATAFORMA POR LA DEFENSA DE LA RIA DE RIBADEO debo poner…

  • Poder absoluto

    Dise que a realidade supera á ficción. Ténse demostrado en moitas ocasións ser así (noutras, a ficción vai moi por diante). Onte pola noite cheguei a ver unha película de acción que xa tivera visto en parte. Enganchoume unha frase, repetida despois de xeito parello por varios protagonistas: “él púxome onde estou”. A primeira vez…

  • Hoxe toca apagón

    Hoxe está previsto en toda a zona un apagón para que a Alcoa lle desconten a factura da luz. A convocatoria e os medios, así como o documento votado no concello de Ribadeo non o expresan así, pero así é. Se non houbera unha morea de postos de traballo ameazados, plantexaríase o apagón? E a…

  • Un artigo que cirula pola rede e que pode ilustrar socioeconómicamente (o de político vai por suposto)

    Só unha ligazón (aínda que a min cheogume antes por correo electrónico)