-
Xa non. Outra vez si.
Onte, o Juanín, a lancha que foi de Calvo Sotelo e que decora a glorieta do xardín, tiña iluminación, pero xa non foi encendido. As rúas conservaban algún detalle de luz, pero apagado. Os villancicos xa non soaron antonte. Estamos xa no que non debera ser normalidade, igual que os días pasados, pero noutra anormalidade.…
-
Despedindo o ano, despedindo un ribadense
Hoxe é fin de ano. O dato non significa nada máis que unha convención, unha volta máis da Terra arredor do Sol completada dende un determinado punto de inicio. De feito, outras culturas teñen outros comezos de ano, e aínda que pouco a pouco parece que se vai uniformando cara ó comezo de ano…
-
Un artigo que enviei: Santo e Mártir
Xa saíu en Crónica 3 hai uns días, e hoxe sae na Mariña/El Progreso: Santo e mártir Parece que en Ribadeo, dende a semana pasada, temos un santo e mártir, ó estilo do santoral clásico. Para compensar, tamén habería un fanático actuando de mala fe en contra do probe do santo. A cousa é que…
-
E armouse o belén
Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/. Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de…
-
Comentario á presentación do libro de Camilo Nogueira
Onte fun á presentación do último libro de Camilo Nogueira, Para unha crítica do españolismo, na Casa das Letras e da man da AC Paco Lanza. Apreciei escoitar a Camilo Nogueira, pero en canto ás ideas expostas, atopei algunha cousa que quería comentar e que non me foi posible pois o asunto alongouse demasiado e…
-
Enviado o 19 de maio do 1995
Revisando vellos ficheiros atopo cunha carta ó director da Voz de Galicia: “Sr. Director: Día 17 de maio. Un quiosco. – ¿Dasme o periódico? – ¿Queres o libro? … el libro viene en castellano. A quien no quiere caldo, dos tazas. El resto del año, este periódico, que por lo demás tiene mi consideración, está…
-
Juan José, un ribadense internacional
Din que vigués, pero Juan José Rodríguez Andina é nado e medrado en Ribadeo… http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2012/12/06/investigador-vigues-dirigira-revista-internacional-ingenieria-electrica/722719.html A revista: http://ieee-ies.org/index.php/pubs/magazine
-
Sobre unha barreira en Ribadeo
Unha pequena historia… Dende a construción do ferrocarril da costa, ten habido un paso a nivel nos Garitos, ata que con bo criterio, decidiuse substituílo por un paso inferior. Entón desviouse a estrada, que antes transcorría segundo a liña vermella, a un trazado semellante ó da liña verde, baixando o nivel da calzada e subindo…
-
Mundo revolto … significa revolución? non (polo momento)
O comezo da revolución pode ser un mundo revolto? En Ribadeo, as festas van para o aparcamento, pero o mercado do Nadal ven ó centro. Sen carpas, que costan, pero con cubículos cubertos, que se non chove por dentro … Hai anos que o BNG estaba en cabeza da protesta contra os eólicos no Mondigo,…
-
Rajoy ‘El bueno’ ou un resume das novas
Tómeno a coña. Ou non. Collo un titular: 468 indultos en 11 meses. Preto de 3 indultos cada 2 días. O mesmo poder que tiñan os reis hai tempo, saltndose por riba do dereito. E o caso é que que como prerogativa do Presidente do goberno, non foi o único que o usou, se ben…
