Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • A Galipedia, 10 anos xa: actividade en Ribadeo

    –> Nota de prensa A Galipedia, a versión galega da wikipedia, cumpre 10 anos o próximo 8 de marzo. Despois de aparecer a wikipedia no 2001, o 8 de marzo de 2003 o usuario ILVI, lingüista norteamericano, creaba a primeira versión da portada da Galipedia e, cinco días despois, o primeiro artigo, dedicado á conxunción…

  • Só unha pregunta

    Que significa isto?

  • Os cambios de normas electorais e Ribadeo

    Ribadeo hai pouco que pasou de 10 000 habitantes. En principio, segundo a normativa actual, pasaría de ter 13 concelleiros a 17 nas próximas eleccións. Agora, coa perspectiva dunha nova normativa, pode quedarse en 5. Voltando sobre as eleccións 2011, cabe facer un pequeno cálculo de que pasaría en ambos casos, cos votos que tivo…

  • As rías (non a de Ribadeo) contaminadas. As catedrais, non

    Coinciden no tempo dúas viaxes de representantes da Unión (Europea, iso que os medios seguen a chamar -non sen certo aquel de chamada cara ó vello ‘mercado común’-, ‘comunidade europea’, e ós seus representantes, ‘comunitarios’) a Galicia. Un, de varios, polo mal estado das rías atlánticas, non nos toca a nós, a pesares da denuncia…

  • Unha vitoria/unha derrota

    Que aquí teñamos que ver ó Presidente por pantalla mentres en Nova Iorque lle poden facer preguntas (en Spanish, please!) foi un adianto do antroido nestes lares. Onte, en pleno antroido, unha vitoria: a iniciativa lexislativa popular sobre a dación en pago foi aceptada a tramitación, fronte ó aviso anterior do PP que ían rexeitala…

  • O pregón do antroido Ribadeo 2013

    Ligo o pregón do antroido cargado polo pregoeiro, Suso López, Susín de Remourelle, con referencia ós cantares de cego, ” Xa está na rede o pregón que ofrecín no Entroido de Ribadeo 2013… Unha homenaxe ao cantar de cego e ao espírito satírico do Entroido… Imposíbel facelo sen a colaboración do Cuarteto Tradicional Illa Pancha……

  • Antroidadas

    Despois do ano pasado, ó chegar esta época, sería de esperar que o esprito do antroido poidera levar á xente, en xeral, a amosarse como é. Así, por exemplo, levaría ós corruptos a amosar a súa corrupción  sen cortapisas. Mais, ó chegar, o que se ve é que a corrupción está xa tan á vista,…

  • Se o sal se volve soso, quen o salará? / Se o hospital enferma, quen o sanará?

    O título é na súa primeira parte unha frase da biblia que se repite moitas veces en diversos actos eclesiásticos. Na segunda, unha referencia ó hospital de Burela que estes días estivo enfermo, e padece un mal abondo común: o stress de non dar feito por falta de mans, de espazo e de material. O…

  • A Mariña está parada, pero non para

    Non é contradición: o paro aumentou na comarca ata doble que hai cinco anos ou un 7,7% máis que o ano pasado, coa mesma tónica xeral que en España enteira. E, o mesmo día que sae a relocer este dato, indicios de novos medres desta cifra: nun alarde de amabilidade comunicativa, a empresa auxiliar de…

  • As bicicletas non son para cruzar a ría de Ribadeo: non teñen ás

    Por decreto de Fomento. Hai tempo que O Tesón preguntou polo tema do paso pola Ponte dos Santos (e apareceu varias veces no blog, aquí deixo unha só con planos da ponte). Despois viu o accidente e a protesta xeral, na que converxeu taméun unha protesta anterior do club ciclista. E iso moveu ó alcalde,…