Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • De chiquillada, nada

    Onte produciuse a imputación da infanta no caso Nóos. Hoxe aparece na prensa como nova de ribadeo a falsificación dun documento oficial dunha rapaza no CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional). Os casos non parecen ter moito en común, pero teñen certos aspectos que serven de comparación. O primeiro, o impacto mediático. Está claro que…

  • Volta periódica ó século XIX: o tema da luz en Ribadeo

    Voltou a suceder. A pasada fin de semana, o venres ó comezo da noite, unha boa parte de Ribadeo quedou sen luz. Dependendo do lugar, afectou só ó alumeado urbano ou tamén ó interior. Non levo a conta, pero coido que esta tempada outono-inverno houbo cortes de diferente duración ata en catro ocasións, e mesmo…

  • Tamén ti, FEVE, meu fillo!

    Parodiando a César cando todos estaban no complot para asasinalo, deixo unha nova que me pasa Moisés Gómez na Voz de Galicia de O Ferrol sobre o futuro da liña de FEVE. Só apuntar, xunto coa nova, que están construíndo un ramal, subvencionado, en Navia, aínda que vaia moi lento, e ó meu ver, todo…

  • A ‘marca Ribadeo’

    Esta tempada está de moda falar da marca España para confundir dúas cousas diferentes, como son a venda de España cara ó exterior e a estrutura de soporte de todo o sistema interior polos cidadáns. De calquera xeito, o tema da ‘marca país’ é algo no que se leva xa cavilado e discutido abondo outras…

  • Celebracións

    O sábado estiven participando nos dez anos da Galipedia, que ademáis, estiveron acompañados da chegada ós 100 000 artigos. Foi un acto proveitoso para os asistentes (entendo que poucos para o que se celebraba), e para min algo máis (aquí, o borrador orientativo para a miña charla; os vídeos de todos, pronto estarán colgados). O…

  • Día D … hora H? (I)

        Hoxe pensaba adicar a entrada á muller: en Ribadeo dáselles nome de muller ás rúas, actúan diversos grupos na súa honra, hai lectura de poemas á noite, … por poñer un exemplo, a máis de que xa de mañanciña levo visto varias citas de Rosalía ou Curros adicadas á muller entre alusións diversas en…

  • Actos do día internacional da muller. Copia do difundido a traverso da lista de correo de cultura do concello

    O vindeiro venres  conmemórase o 8 de marzo, “ Día Internacional das Mulleres” e   nos gustaríanos contar coa túa presenza nesta data especial para as mulleres.   Convidámoste a asisitir aos diferentes actos  que terán lugar o propio 8 de marzo :   Inauguración das rúas adicadas á mulleres significativas e a datas simbólicas: § …

  • A Galipedia chegou ós 100 000 artigos

    Parabéns!. Ós colaboradores da Galipedia, ós usuarios, ó galego, a Galicia … Só é un número, pero neste caso, é un símbolo. Algo así como a certificación da maioría de idade, cando están a cumprirse os 10 anos de existencia

  • Retroceso en infrastruturas

    Leo no xornal de xeito case simultáneo dúas novas. Nunha, internacional, dase conta que México tiña máis de 20 000 km de ferrocarril a comezos do século XX, un método de locomoción revolucionario tanto no sentido propio do transporte fronte a outros medios como no político, ó ser usado polos revolucionarios mexicanos dada a súa…

  • Quen capeee a crise será imaxinativo … ou non será.

    Dun tempo a esta parte numerosas novas iniciativas estanse a dar por parte de ribadenses para dalgún xeito dar resposta á crise. Unhas, con soporte institucional, outras, de xeito totalmente libre. grandes e pequenas. Algunhas, moi publicitadas, outras, movéndose na prática só a partires das redes sociais. Moitas, en Ribadeo, outras, a distancia. háinas que…