Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Adeus ó “Dura lex, sed lex”

    Deixo a ligazón á última viñeta de Manel Fontdevila na que un operario está a levarse un carteliño ben feito coa lenda “Dura lex, sed lex”, mentras baixo da estatua representado a xustiza equilibrada un pudente e un togado escriben de xeito chapuceiro, aínda que tentando poñer tento, ‘to er mundo e güeno’. Cabe lembrar…

  • Paro en Ribadeo (ou noutra vila)

    A semana pasada un amigo púxome nas mans unha interesante ligazón. A partires dela, por exemplo, cheguei a ‘desemprego en calquera cidade’, e probei con Ribadeo. O resultado: O caso é que levando o rato a calquera punto das gráficas da os parados nese momento (trimestral); así, o paro total en Ribadeo resulta, unha vez…

  • In Ribadeo, magazin alimentar românesc

    ‘Abre unha tenda rumana de alimentación en Ribadeo a principios de xullo. Esperamosvos!’.  Iso (máis ou menos) é o que di o cartel que vin onte por Ribadeo, co fondo da bandeira de Romanía. As fotos son de preto da estación de autobuses. Polo que parece, e por se alguén non se decatou, a emigración…

  • Q. É cu?

    O concello remata de recibir a Q de  calidade turística. Mellor dito, as Q, e a bandeira verde, ademáis. Por queixas que se oen de cando en vez, parece que deberan recibir o cu. A realidade, nin tanto, nin tan pouco, pero mentras que se quere facer visible o que interesa a cada quen e…

  • Estafa autorizada? Xa non é nova!

    Xa non sorprenden novas como a que remato de ler en Galicia Confidencial: Nova “quita” do 13% ás preferentes de Novagalicia. Nin tampouco que un deputado cobre por dous sitios diferentes o aluguer dun piso de luxo en Madrid, ou que alguén que apenas sabe ler deba entender o galimatías das preferentes, mentras un político…

  • A RESERVA DA BIOSFERA E O NOME DA RIA. Artigo de Evaristo Lombardeo Rico

    O mércores 15 de Maio celebrouse en Trabada unha xuntanza da comisión xestora da Reserva da Biosfera Oscos Eo e Terras de Burón. Sabemos algo desa xuntanza por unha nota de prensa. O día 31 de Maio celebrouse unha nova xuntanza no concello de Ribadeo, pero deste acto non se deu nota de prensa polo…

  • Despertando a sociedade, onte en Ribadeo

    Onte en Ribadeo houbo dúas xuntanzas para despertar á xente do seu letargo. O seu signo foi ben diferente. A primeira, foi nunha praza aberta, no mercado, da plataforma da sanidade de A Mariña, para recoller sinaturas. Poño primeiro a convocatoria, recollida de Fb (tamén saiu nos xornais como nova): “ Plataforma Sanidade A Mariña…

  • Política e paro

    As dúas p, que non PP, tiveron efecto en Ribadeo. A primeira, coa presentación da agrupación de Anova en Ribadeo, con Jorge Díaz Freije e Xavier Chao Lolo como cabezas visibles polo momento. Jorge provén da estrutura do PSOE, rastreable de xeito doado na rede, mentras Xavier que eu saiba non estivo integrado en estrutura…

  • Resultado: un morto

    Xa é vello. Comezo da antiga estrada de Vilaselán. Noite de xoves a venres pasado. Case está esquecido. Por iso o lembro.

  • Gaiás, Gaiás, …

    En Galiza, o mesmo que en Galicia, non se toma como referencia o aeroporto para aves de Castellón ou outras obras que pode haber polo mundo adiante, senón o Gaiás. símbolo de gasto superfluo ou desaproveitamento, de gasto desmesurado, certamente sobrepasa e pode servir de referenza para moitas outras obras, aínda que lle saian competidores…