-
Temas municipais en Ribadeo
Martes noite houbo pleno ó que non puiden asistir. Polos xornais, enterámonos de que se ía tratar da rescisión de contrato da empresa que deixou parada a obra do pavillón, a que substitúe un vello por outro novo e foi cuestionada polo aporte de cartos necesario. Coa maioría do BNG e voto do PSOE, amañouse…
-
Concordo cos destacados por ACISA en 2012 en Ribadeo
Os medios difundiron a nota de prensa de ACISA (a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Ribadeo) na que da conta da asamblea e cea social que terán o 18, así como da decisión de facer dous nomeamentos. Un, o de ‘Ribadense do ano’, concédese a título póstumo a Gilberto Suárez, e o outro,…
-
Fraude e Ribadeo
Collo datos un xornal de onte e uso proporcionalidade … a cota de evasión fiscal dunha poboación equivalente a Ribadeo sería 16 M€, isto é, case dobre que o actual orzamento do concello. Como a maioría do fraude corresponde a grandes empresas, e en Ribadeo actúan pero non están baseadas, axusto máis: A cota de…
-
Unha referencia
Non atopei unha ligazón. Apareceu onte como artigo na Voz e como nova no El Progreso, con datos e foto de quen fixo o escrito. Poño a continuación o escaneado da Voz, porque coido que máis información, como poñía o Progreso, pode distorsionar a visión de fondo.
-
Xa non. Outra vez si.
Onte, o Juanín, a lancha que foi de Calvo Sotelo e que decora a glorieta do xardín, tiña iluminación, pero xa non foi encendido. As rúas conservaban algún detalle de luz, pero apagado. Os villancicos xa non soaron antonte. Estamos xa no que non debera ser normalidade, igual que os días pasados, pero noutra anormalidade.…
-
Despedindo o ano, despedindo un ribadense
Hoxe é fin de ano. O dato non significa nada máis que unha convención, unha volta máis da Terra arredor do Sol completada dende un determinado punto de inicio. De feito, outras culturas teñen outros comezos de ano, e aínda que pouco a pouco parece que se vai uniformando cara ó comezo de ano…
-
Un artigo que enviei: Santo e Mártir
Xa saíu en Crónica 3 hai uns días, e hoxe sae na Mariña/El Progreso: Santo e mártir Parece que en Ribadeo, dende a semana pasada, temos un santo e mártir, ó estilo do santoral clásico. Para compensar, tamén habería un fanático actuando de mala fe en contra do probe do santo. A cousa é que…
-
E armouse o belén
Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/. Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de…
-
Comentario á presentación do libro de Camilo Nogueira
Onte fun á presentación do último libro de Camilo Nogueira, Para unha crítica do españolismo, na Casa das Letras e da man da AC Paco Lanza. Apreciei escoitar a Camilo Nogueira, pero en canto ás ideas expostas, atopei algunha cousa que quería comentar e que non me foi posible pois o asunto alongouse demasiado e…