Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • As normas, para quen as traballa

    Entre chuzos que xa sitúan o ano actual entre os cinco máis chuviosos do século e están a piques de convertilo no cuarto (aínda que a piques de ser alcanzado polo 2006), escribo unha entrada sobre algo ben diferente: normas. As normas, como outra lexislación, son humanas, e como tal admiten unha certa discrecionalidade. Hai…

  • Era Kelli, sen terra

    Onte houbo unha xuntanza no lavadoiro da rúa dos Fornos. O local previsto polo concello de Ribadeo para asociacións foi sitio dunha xuntanza ronda onde xente relacionada con alternativas sociais e económicas se atopou con Kelli, da que só sabíamos que era traída por Amarante para entendemento por parte dos asistentes do movemento MST e…

  • Caos

    Vaise producindo pouco a pouco no tecido social. As manifestacións do mesmo van engrosando sen case sentilo. Pero de pronto, decátaste: isto é un caos! E o afectado polo caos és ti, e outros moitos coma ti, que quedan ó pairo social, nun estado exclusión non tanto deles da sociedade, senón do anaco de sociedade…

  • 10 000 persoas afectadas polos cortes de luz en Ribadeo

    Vamos, todos os ribadenses. Resulta que somos afectados de xeito directo. Os 10 000. Fastídianse aparellos mentras sube a luz. A idea, lóxica como un primeiro paso: manifestación. ACISA convoca. O Tesón apoia. Primeira sorpresa (aparte de que haxa cortes de luz cuasi sistemáticos nunha vila como Ribadeo no século XXI): polo menos en medios…

  • Estratexias. Inimigo: os cortes de luz

    Luns ás oito hai convocada unha protesta contra os cortes de luz en Ribadeo. Será no mercado, e está chamado todo o mundo, a iniciativa de ACISA. Estimo que a iniciativa é boa, pero non sei nin a xente que haberá nin os efectos que terá. De cortes de luz, en Ribadeo, sabemos abondo. De…

  • Lembrando unha charla sobre a crise: José Mª Martínez no ciclo de O Tesón

    Embaixo aparece, por orde, as diapositivas usadas na charla do ciclo sobre crise, economía e falsos dogmas organizada pola AVV O Tesón e impartida por José Mª Martínez Fernández, seguidas dos audios, tamén en orde, e os apuntes usados. Apuntes Un resume da charla Aviso da charla

  • Reseña da terceira charla do ciclo Crise, economía e falsos dogmas, a cargo de Mª Jesús Fernanández Álvarez

    AVV O Tesón Nota de prensa Ciclo de charlas “Crise, economía e falsos dogmas” Ribadeo, 20131020 Antonte venres tivo lugar a terceira das catro charlas sobre Crise, economía e falsos dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Foi a cargo de Mª Jesús Fernández Álvarez, quen despois de marcar cales ían ser os pasos durante a…

  • O consello sectorial da muller, hoxe

    Ben, non hoxe, senón na última xuntanza, de venres 20131010. Como noutras ocasións anteriores, tras aprobar a acta pasada e dar conta do finanzamento, pasouse revista ó desenvolvemento de actividades neste ano, numerosas por certo, así como, en xeral, satisfactorias. Iclúen o Photocall pola igualdade en marzo pasado, co lema ‘igualámonos’, e boa acollida na…

  • Unha reseña dunha charla interesante: Economía, crise, sociedade …

    AVV O Tesón Nota de prensa Ciclo de charlas “Crise, economía e falsos dogmas” Ribadeo, 20131011 Onte tivo lugar a segunda das charlas sobre Crise, economía e falsos dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Foi a cargo de José Ángel Bolaño Penelo, quen despois de marcar cales ían ser os pasos durante a súa intervención,…

  • Sabendo máis do noso (sexa Ribadeo ou outro concello)

    Onte, a traverso de dúas vías diferentes, eldiario.es e es.okfn.org, cheguei a http://transparenciadecuentaspublicas.es, un interesante sitio para aumenat a transparencia da administración cara á nós, as persoas. Ahí cheguei por exemplo ós impostos directos que recada Ribadeo: 232 €/hab., ou, o que é o mesmo, 2 333 249 € en total, 1061 habitantes contabilizados, ano…