Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Ilusión

    Achéganse días de ilusión. Para os maiores, a lotería do día 22, co escepticismo de quen sabe que polo momento, para poder ter opción a un premio, xa tivo que desembolsar cartos, e, por termo medio, tócalle perder. Para os pequenos, a ilusión da maxia dos agasallos dun poder imaxinario, de magos, o poder real.…

  • Transparentando Ribadeo

    Para a participación de todos, todos necesitamos saber. Non moreas de datos que nos entren polos ollos e nos deixen saturados, senón datos que saibamos que podemos acceder dun xeito sinxelo cando queiramos. Non se trata pois da ocultación máis o menos solapada ou imposta ó uso durante tanto tempo en Ribadeo, nin a suposta…

  • O IES de Ribadeo, IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

    O IES de Ribadeo xa ten proposta de novo nome: IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Así, sin outra cousa, sin segundo apelido, que xa é longo abondo, será a proposta que o Consello Escolar do IES de Ribadeo envíe á Xunta para que ista lle poña o nome, pois é a Xunta quen ten a…

  • Cada vez máis

    Cada vez máis, pálpase o apartamento da política da vida da xente. De xeito suave, inconsciente, pasa da xestión dos asuntos propios, da economía (que non sexa a limitada ó ‘eu teño’), da política (a ‘polis’, a cidade, é algo abondo grande para quen non mira máis co seu ombigo), da sociedade (o pequeno grupo,…

  • Sobre os cortes de luz

    Moitos cortes de subministro eléctrico levamos en Ribadeo. Moitas queixas levan xerado. Nos bares. Nas rúas… Coido que xa deberamos levar tempo tomando nota de cada corte para a reclamación, porque nos afecta a todos, e necesitamos datos para que non nos digan sinxelamente que cumpren coa lexislación e se queden tan panchos. Hai algúns…

  • 27 de setembro, día da Constitución

    Lanzo unha proposta, que o día da Constitución pase a ser o 27 de setembro. O 27 de setembro de 2011 entrou en vigor a reforma da Constitución, pola súa publicación no BOE. A última, na que o povo, nós, non tivemos voto porque non nolo deixaron exercer. Cambiouse o artigo 135. O ‘novo’, xunto…

  • Mandela morreu. Viva Mandela!

    Días despois da morte de Mandela, despois de que todo o mundo se apunte á súa unión espiritual, coido que cabe lembrar que Mandela era humán. A súa humanidade implica que outros humanos poideran seguir os seus pasos, algo que negaría se fora sobrehumán, e que sería moi negativo para a propia humanidade: reduciría a…

  • Unha ponte á nada

    Lembran vostedes  a Asociación Puente de los Santos (ou aquí, a última asamblea), coa súa derradeira acción, unha plantación de froitas silvestres comandada polos concellos de Ribadeo e Castropol a cargo de subvencións (cartos públicos, de todos, via Europa), da que xa teño falado no blog? As fotos a continuación foron tomadas onte na plantación…

  • Residencia de maiores, obxectivo conseguido!

    O resume sería o título: Onte ás catro da tarde foi a nova, que xa está hoxe nos medios (por exemplo, aquí e aquí)e onte pola tarde saltou ás redes sociais a partires da publicación da nota de prensa na páxina web do concello. A partires de aí, o comentario. Vai para dous anos que…

  • Un nome para o IES de Ribadeo

    Pouco a pouco van trascendendo nomes propostos para o case recén creado IES de Ribadeo. Abriuse o proceso hai un par de semanas, e ata o 30 estará aberta a posibilidade de facer propostas, que votará o Consello Escolar para logo propoñerllo á Xunta, que será quen llo poña efectivamente (e que podería dar a…