Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Chegaron as actas de Ribadeo

    Corto e pego a nova dende a páxina co concello: ” DESDE ESTA TARDE ESTÁN NO CONCELLO Libros restaurados 09/01/2014 O alcalde, Fernando Suárez, recolleu hoxe na sede do Arquivo do Reino de Galicia os preto de 40 libros dos séculos XVI e XIX que foran remitidos desde o Concello para a súa restauración hai…

  • Enfocando 2014

    Inxenuo. Isa é a verba que se me ven á cabeza despois de dous artigos vistos esta mañá. Un deles, unha charla nun foro informático que non fai máis que ampliar o coñecemento da nosa falta de privacidade, algo que nos está a levar a un abano de posibilidades entre enxame, colmea e rabaño, ninguna…

  • O tempo, a temperie

    Estas festas están tendo un protagonista: o tempo. Non o é o Ribadeo FC, co seu centenario, máis que para algúns, mesmo incluíndo o himno (o oficial e o alternativo). Nin a homenaxe que representa outra tandada de adicacións no rueiro, chamativo ou festa para outros. Nin as mesmas celebracións de Nadal, repetidas ano tras…

  • Adicacións

        Que non sexa porque non se lle adique o seu nome!     Algo así deberon pensar dende que a humanidade ten lembranza quenes lle puxeron nomes ás cousas. Quenes lle puxeron nome de persoa pero tamén quenes lle puxeron nome de lugar, do que tiña antes o lugar.     Faláronme xa varias veces dun…

  • O discurso do rei

    Aínda hai non moito tempo que vin a película ‘El discurso del rey’. Trataba, trama mediante, da importancia concedida ás formas nun discurso, ninguneando o contido. No caso da película, as formas eran as que fan posible o discurso, a fluidez verbal. Veume á memoria o tema polo discurso de Juan Carlos o outro día,…

  • Chegados a esta noite

    Non ten por que ser doado pasar un día, chegar á noite próxima como referenza. Onte, senir máis lonxe, declarouse un incendio en Ove. Co vento reinante, non foi doado apagalo, pero houbo sorte: aínda non estaba moi extendido e puido facerse rápido. Onte, asemade, unha árbore fixo descarrilar un tren na Mariña… Poir iso,…

  • Falando da pirámide

    Hai unha semana saía na parte salmón do El País o gráfico que aparece ó final, a pirámide de poboación en España na actualidade e a esperada para dentro de dez anos. A nova na que estaba encadrada tentaba dicir que a española é unha poboación con tendencia ó envellecemento, e o que significa de…

  • Renda básica universal

    Pásanme o aviso de que hoxe, xoves 20131219, ás 20:00, no salón de actos da Casa do Mar, haberá un acto informativo sobre a renda básica universal. Nun comezo estaba previsto que participaran Roberto Porras, do ‘colectivo Alambique-Baladre‘, e Eva Solla, de AGE, pero esta última, por mor dun accidente, non estará. Quédanme varias ideas…

  • Calidade: o chan de Ribadeo

    A calidade do chan de Ribadeo non debera ser posta en dúbida. En xeral, a terra do rural ribadense é de calidade, aínda que claro, haxa lugares onde non o sexa. Pero o título refírese ó chan do pobo, o empedrado, asfaltado, enlousado, ó campo dos parques, … e é que, se xa se ten…

  • Cantidade: un cambio de Ribadeo co mundo

    Onte foi aberto o último tramo de autovía que quedaba sen abrir entre Ribadeo e o centro de Asturias. Segundo que nos fiemos dunha fonte ou outra, o recorrido anterior a onte, 137 ou 138 km a Oviedo, cun tempo estimado de 1h 27 minutos segundo Google Maps, 1h 45 minutos segundo vía Michelin, por…