Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Artigo de E. Lombardero sobre o cancro de mama: unha mirada desinteresada

    A MAMOGRAFIA COMO METODO DE CRIBADO PARA O CANCRO DE MAMA British Medical Journal é unha revista médica das mais prestixiosas e leídas por todolos médicos do mundo. No último número (11.Feb.14) ven de publicar un traballo realizado en Canadá ao longo de 25 anos que cuestiona a eficacia do cribado con mamografía para o…

  • Suso Peña

    Dun amigo chégame unha ligazón que non me resisto a poñer en común. Trátase dun vídeo curto sobre Suso Peña, e quizáis deba dicir que non aporta moito novo a quen o coñecera, pero non por iso deixa de ser un documento a conservar e ollar: Que o desfrutedes!

  • Revisando un artigo de hai máis de dous anos sobre a crise

    Crise financieira, ambiental, social, política… Mirando este artigo de hai máis de dous anos, reseñaría dúas ideas: “Al contrario de cualquier otro empresario o profesional, la élite financiera sabe que hay escasa probabilidad de que tengan que pagar por sus errores. Y donde no hay castigo, no hay aprendizaje.” “(…) es necesario aprender la lección…

  • Post asociación cara a un furado

    Coido que non é a primeira nin a segunda vez (por darlle números, a última foi ‘unha ponte á nada‘) que falo da Asociación Ponte dos Santos, constituída para aproveitar cartos europeos para a zona de Ribadeo e Castropol. Nas últimas, alertaba sobre o seu final e un proxecto de plantación de froitos silvestres en…

  • Micromachismos

    Chamoume a atención. Entrei, vin, e ten boa pinta. Chámase micromachismos. Curiosidades do machismo que parecen só iso, curiosidades, sendo sinxelamente unha expresión de machismo. Non, non tomo partido de antemán de oídas. Como home, ás veces tento poñerme no lugar dunha muller para comprender. E coido que, co tempo, vou facéndoo mellor, fixándome en…

  • A mesa de asociacións e o alcalde de Ribadeo

    Nota de Prensa AVV O Tesón Xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións do Concello de Ribadeo co alcalde Venres, 31de xaneiro de 2014 Diversos representantes de asociacións do concello reuníronse o pasado venres 31 á noite co alcalde e co concelleiro de Medio Ambiente no Salón de Plenos. A xuntanza foi preparada cunha previa…

  • Especulando

    Onte houbo pleno. E pregúntome, quen o poderá contar dun xeito obxectivo estando interesado polos temas do pobo? Cánta xente iría? A atracción dos plenos segue coma sempre, desaparecida (feita desaparecer) coas excepcións de intereses particulares ou gremiais (particulares dun pequeno conxunto) De novo, o salón de plenos recibiu un tratamento de temas públicos cunha…

  • cousas de Ribadeo: pleno, anuncio, feira, voto partido … e vidrieiras

    Hoxe xoves, pleno. Entereime onte pola mañá a traverso dun xornal e fun á web do concello en procura de máis información. En vano, pois atopo a nota de prensa dos medios, pero atopo pinceladas, sen unha orde do día. Reproduzo o que alí puñia: ” SERÁ A PARTIRES DAS 20 HORAS O xoves haberá…

  • Facendo propaganda de Ribadeo

    Comeza xa Fitur. Por alí se pasará diferente xente de Ribadeo. Como preparativo, sae hoxe no xornal a concesión da Q de calidade ó Hotel O Cabazo. E días antes, a páxina/iniciativa Ribadeo Birding anunciou a súa candidatura ós premios afiprodel, votables en internet (coma quen di, xa sabedes), algo que foi apoiado por unha…

  • Morreron. Así de sinxelo

    Morreron. Así de sinxelo, é a expresión de algo natural, por moito que cause dor, tanto a quen se vai como ós próximos que se quedan. Esta semana tivemos preto un caso diferente: Matounas. Tamén así de sinxelo. Pero non é a expresión de algo que nos pareza natural, por moito que se leven repetido…