Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Feira do libro en Ribadeo. 1ª edición 2ª época

    A feira do libro foi inaugurada onte. Diante dun mural feito hai corenta anos e disposto para reivindicar a primeira época das feiras do libro de Ribadeo, daquela ‘Feira do libro galego’, foi inaugurada asistindo o Presidente da Federación de librerías de Galicia, a Concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, o Vicepresidente da Deputación…

  • Nota de prensa de O Tesón. De Ribadeo

    (http://o-teson.blogspot.com.es/2014/07/de-ribadeo.html) De Ribadeo Festa dos indianos. Éxito total, como se esperaba. Comezo oficioso da época forte do verán ribadense, onde o tempo cambia de sentido. Quizais pois iso, porque o tempo cambia de sentido, é polo que ‘o concello’ aínda non nos contestou algunha pregunta que lle temos enviado hai… pois dende o 4 de…

  • Sobre o pasado e o futuro. Pesca e Ribadeo

    Unha das novas de hoxe é sobre a confraría ribadense. O xornalista pinta un futuro que non está claro. a confraría é a máis pequena da Mariña, aínda despois de xuntarse Rinlo e Ribadeo. Ten “unha mariscadora de a pé, once percebeiras, sete tripulantes de barcos e seis donos de lanchas artesanais”. Vintecinco asociados con…

  • Ribadeo indiano

    Como estaba previsto, un éxito de público e ambiente, coa porcentaxe adecuada de xente caracterizada e ‘público’. Fotos? A moreas! Mira por exemplo este album no facebook. Dos que colaboraron con Galicia, por que non saber algo máis? Ou, dos indianos que quedaron aló, por que non saborear algo do Uruguai? Anterior do Ribadeo indiano:…

  • Catedrais, Xunta, intereses, nova…

    Onte o xornal despachábase coa nova de que a Xunta ía dispoñer este verán un plan de protección. Indo ó subtítulo, e logo ó corpo da nova, a cousa non é tan así. Resulta que a praia resulta superpoboada en numerosas ocasións no verán. Por exemplo, o día que se recolle nesta foto de hai…

  • Abanca

    A marchas forzadas Caixa Galicia convertiuse en Abanca. A marchas forzadas uníronse as caixas; apretando o paso, foron convertidas en banco. A bote pronto, o pouco que se lle podería chamar control galego pasou a mans venezolanas, e agora os restos do nome remataron por sucumbir. No medio tamén quedou parte do persoal, oficinas e…

  • Non se pode ser os mellores en todo…

    Antonte mesmo un par de novas facían brotar outro par de notas do concello: a hostalería ribadense estaría nunha web clasificada como o segundo destino de calidade a pé de praia en España, e ademais, o incremento de reservas hostaleiras implicaría que este ano farase o agosto. Prácticamente ó tempo, dúas novas recibían moita menor…

  • Apaga segue!

    Hai tempo que sei de APAGA. Álvaro Doural e o seu equipo levan xa tempo loitando por mellorar o ensino, en particular a formación dos técnicos de automoción. Cónstame ademáis que moitas veces con abondo esforzo. As súas actividades inclúen xornadas, pero tamén foros, mostras, cursos, proxectos en conxunto con outras institucións ou asociacións no…

  • Que sabemos do concello?

    A cousa é que é no concello onde se toman decisións de xestión inmediata que nos afectan. Dende hai tempo veño pedindo unha apertura para ter a posibilidade de coñecer non só as decisións a auga pasada, senón a tempo, e os datos que as poden fundamentar, etc. Tempo significa xa cousa de dúas décadas.…

  • Audios de Ribadeo a Debate (I e II)

    Comezo a colgar os audios das charlas ‘Ribadeo a Debate’. Por unha razón ou outra, a calidade deixa que desexar e os minutos recollidos son moitos menos dos esperados. Deixo aquí os dous primeiros, correspondentes ós primeiros minutos da charla de Xosé Carlos Rodríguez Rañón (Ribadeo visto dende fóra por un de dentro, 17 min)…