-
Pensamentos lixeiros para agosto: non tan lixeiros! Homenaxe a Dionisio Gamallo
Mañá comeza. Homenaxe a Dionisio Gamallo. Si, o que ten adicado un busto no parque. Esta fin de semana e no comezo do curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Deixo o díptico e tamén a contribución que sairá na Comarca mañá, no número adicado á homenaxe. Barón de Porcillán Cando hai algún…
-
Pensamentos lixeiros para agosto: a autovía do bo día/ Bo día? Autovía!
A8 soa como moi tech. Por que non chamala ‘autovía bo día’? Ó fin, se está mal día, estará cerrada, e se está regular, tamén. Fai como de indicador de bo tempo. Para que mirar a información meteo? Date unha voltiña ata ‘a zona que ti xa sabes de autovía’ e solucionado: está aberta? Bo…
-
Pensamentos lixeiros para agosto: o conto de nunca (a)ca/b/var
Voltou agosto, ano tras ano, e de xeito cuasi anual, dende hai unha década, protesta polo ouro en Tapia de Casariego. Iso si, cada ano o ‘conto de nunca acabar’ que se resiste a ser o ‘conto de nunca cavar’ presenta cambios para que nada cambie, como sentenza o dito: ben é unha nova empresa…
-
Ribadeo, vila activa
Ben, non sei se servirá como lema ou non, pero sei que cada certo tempo, en particular no verán, vánseme quedando adiadas novas sobre actividades diversas en Ribadeo. Máis ou menos, a cousa é que as vexo interesantes, cando podo, vou (hai veces que é imposible, e xa non por causas persoais, pois hai varias…
-
Centro para mulleres maltratadas
Hai dez días, na xuntanza da Mesa de Asociacións do Concello de Ribadeo xurdiu unha idea que despois -mea culpa- vexo que non foi recollida no resume de traballo para a xuntanza co alcalde. Coméntoa aquí, comezando dicindo que todo o mundo sabe que o edificio máis ó sur oeste queda en pé. Pois ben,a…
-
Límites
Hai pouco tempo atopei unha pequena comitiva de xente do concello que estaba a discutir sobre unha extensión na rúa dun local. Ó día seguinte atopábanse as terrazas da zona centro limitadas por esquinas pintadas no chan. Dende que veu algo de bo tempo lévanse escoitando queixas sobre o espazo libre para circular polas rúas.…
-
Resume da xuntanza alcalde-representantes da mesa de asociacións 20140801
Nota de prensa Xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións coa alcaldía Ribadeo, 20140801 A última hora do venres 1º de agosto tivo lugar no despacho da alcaldía de Ribadeo a xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións co alcalde, acompañado do concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro. A xuntanza, que durou preto de dúas…
-
Vaites, se hai pleno!
Collo e miro na páxina do concello. Atopo 29/07/14-Festa do percebe de Rinlo; 28/07/14-Media maratón en Ribadeo, 28/07/14-Adeus ás actividades de verán para @s nen@s; 25/07/14-Aceite usado; 23/07/14-Visitas teatralizadas, e máis cousas anteriores. Nos xornais tampouco atopo nada a primeira vista. E, nembargantes, agora debe estar habendo un pleno (se non rematou xa), cunha orde…
-
Facendo patria with a smile
Ás veces dame que somos tan ‘galegocentristas’ que non nos decatamos. Dígoo poucos días despois do da patria galega, e referíndome non só a xente dunha orientación política, senón tamén á xente que a combate. Onte mesmo, nos comentarios dunha partida de internet en liña cun xaponés (encontro de equipos entre Galicia e Xapón), tivemos…
-
“O de sempre”
Despois do accidente na A8 á altura de Mondoñedo, chegan as reflexións, que voltan a non deixar ben parados nin a técnicos nin a políticos. Nin tampouco ó protocolo de xestión e mantemento: segundo parece, media hora antes do accidente unha parella andaluza chamaba ó 112 para avisar e recomendar o peche do tramo. Din…
