-
Habemus PXOM
Onte, á última hora do día, era un clamor en Ribadeo: hoxe, venres 15 de novembro de 2014, Ribadeo vería rematado o novo PXOM coa sinatura final. Era 1977, é dicir, 37 anos fai, cando o anterior plan de ordenación municipal, con moitos menos requisitos e ben diferentes circunstancias daba o seu paso final. É…
-
Os extraterrestres xa están aquí e aproveitanse de ti
Collamos algún dato de xente que sabe diso, os da ciencia ficción. Os extraterrestres veñen representados por xente sen sentimentos humanos ou moi pouco desenvolvidos. As cousas das que se alimentan son descoñecidas ou sinxelamente, raras. O aspecto pode variar moito, e hai algúns tipos que se amosan a luz do día completamente diferentes, mentres…
-
Estación de autobuses de Ribadeo
Coido que non é a época na que a estación de autobuses de Ribadeo ten estado máis desastrada. Unha estación de autobuses representa un edificio de servizo público (as hai que son privadas ou están privatizadas, pero en calquera caso, o servizo que están a facer é público) e como tal, deberan estar coidadas impecablemente,…
-
Pasou a tormenta
Pasou a tormenta e deixou a algunha zona do pobo varias horas sen luz, a máis dun regueiro de avarías e aparellos queimados por toda a poboación. Certo que foi o conxunto seguido de tormentas con aparello eléctrico máis longo que lembro en Ribadeo, pero sigo sen comprender moi ben por que non se evitan…
-
Sobre as contas do concello de Ribadeo (ou non)
Coido que se todos contribuímos ás contas do concello, deberan estar dispostas para a nosa análise. A cousa é que se están dando pasos nese sentido. Hai xa algún tempo un amigo me comentou desta web, http://www.rendiciondecuentas.es/gl/index.html , que fai un paso adiante para que podamos dispoñer desas contas para botar unha ollada. Case diría…
-
Situando a Ribadeo no mapa: meridiano e paralelo
A conta do estudo dos meridianos e paralelos, procurei unha imaxe do meridiano que pasa pola Coruña, marcado na praza de María Pita. E a cousa derivou… por que non dicirlle ó alcalde que trace o meridiano de Ribadeo, á imaxe do que hai marcados no chan noutros lugares, comezando por Greenwich? Atracción turística complementaria,…
-
Apelando sobre as Catedrais
Dende hai uns días, o concello ten colgada a súa apelación ó Plan de Conservación do Monumento Natural da Praia das Catedrais – Augasantas (Ribadeo), e tamén que quería facer un pequeno comentario. Pequeno, porque para quen teña lido o Plan, debera ser todo o máis unha liña introdutoria, e quen non o teña lido,…
-
O Pequeno Nicolás en Ribadeo
O Pequeno Nicolás é o neno protagonista dunha serie de historias de René Goscinny. Divertido e doce ó tempo, pode ser hilarante. Dende este verán, e mais dende este xoves, o pequeno Nicolás pasa a ser o apodo dun caradura que tivo unha actuación estelar en Ribadeo. Francisco Nicolás Gómez Iglesias, mozo novo, estivo dando…
-
Loitas ou pasas?
A loita estase a achegar. En Viveiro, dous pais (dúas nais) foron denunciadas por defender que no IES Vilar Ponte deberan repoñer a praza que suprimiron. No medio, claro, voltas e reviravoltas de acusacións e outras manobras. Resulta agora que cunha nova dirección sinalada a dedo despois da dimisión da anterior, o centro pode funcionar…
-
Nós e vós, uns
A cousa preséntase así: preséntase unha lista de xente plana, ordeada por orde alfabética de apelidos, e sae nalgún medio con persoas destacadas e o resto da lista como xente complementaria. Resulta que o destaque é por motivos alleos ó da creación da lista. Algo así como por ter cara máis coñecida con anterioridade, equivalente…
