-
Vaites, se hai pleno!
Collo e miro na páxina do concello. Atopo 29/07/14-Festa do percebe de Rinlo; 28/07/14-Media maratón en Ribadeo, 28/07/14-Adeus ás actividades de verán para @s nen@s; 25/07/14-Aceite usado; 23/07/14-Visitas teatralizadas, e máis cousas anteriores. Nos xornais tampouco atopo nada a primeira vista. E, nembargantes, agora debe estar habendo un pleno (se non rematou xa), cunha orde…
-
Facendo patria with a smile
Ás veces dame que somos tan ‘galegocentristas’ que non nos decatamos. Dígoo poucos días despois do da patria galega, e referíndome non só a xente dunha orientación política, senón tamén á xente que a combate. Onte mesmo, nos comentarios dunha partida de internet en liña cun xaponés (encontro de equipos entre Galicia e Xapón), tivemos…
-
“O de sempre”
Despois do accidente na A8 á altura de Mondoñedo, chegan as reflexións, que voltan a non deixar ben parados nin a técnicos nin a políticos. Nin tampouco ó protocolo de xestión e mantemento: segundo parece, media hora antes do accidente unha parella andaluza chamaba ó 112 para avisar e recomendar o peche do tramo. Din…
-
Feira do libro en Ribadeo. 1ª edición 2ª época
A feira do libro foi inaugurada onte. Diante dun mural feito hai corenta anos e disposto para reivindicar a primeira época das feiras do libro de Ribadeo, daquela ‘Feira do libro galego’, foi inaugurada asistindo o Presidente da Federación de librerías de Galicia, a Concelleira de Cultura, Mari Luz Álvarez Lastra, o Vicepresidente da Deputación…
-
Nota de prensa de O Tesón. De Ribadeo
(http://o-teson.blogspot.com.es/2014/07/de-ribadeo.html) De Ribadeo Festa dos indianos. Éxito total, como se esperaba. Comezo oficioso da época forte do verán ribadense, onde o tempo cambia de sentido. Quizais pois iso, porque o tempo cambia de sentido, é polo que ‘o concello’ aínda non nos contestou algunha pregunta que lle temos enviado hai… pois dende o 4 de…
-
Sobre o pasado e o futuro. Pesca e Ribadeo
Unha das novas de hoxe é sobre a confraría ribadense. O xornalista pinta un futuro que non está claro. a confraría é a máis pequena da Mariña, aínda despois de xuntarse Rinlo e Ribadeo. Ten “unha mariscadora de a pé, once percebeiras, sete tripulantes de barcos e seis donos de lanchas artesanais”. Vintecinco asociados con…
-
Ribadeo indiano
Como estaba previsto, un éxito de público e ambiente, coa porcentaxe adecuada de xente caracterizada e ‘público’. Fotos? A moreas! Mira por exemplo este album no facebook. Dos que colaboraron con Galicia, por que non saber algo máis? Ou, dos indianos que quedaron aló, por que non saborear algo do Uruguai? Anterior do Ribadeo indiano:…
-
Catedrais, Xunta, intereses, nova…
Onte o xornal despachábase coa nova de que a Xunta ía dispoñer este verán un plan de protección. Indo ó subtítulo, e logo ó corpo da nova, a cousa non é tan así. Resulta que a praia resulta superpoboada en numerosas ocasións no verán. Por exemplo, o día que se recolle nesta foto de hai…
-
Abanca
A marchas forzadas Caixa Galicia convertiuse en Abanca. A marchas forzadas uníronse as caixas; apretando o paso, foron convertidas en banco. A bote pronto, o pouco que se lle podería chamar control galego pasou a mans venezolanas, e agora os restos do nome remataron por sucumbir. No medio tamén quedou parte do persoal, oficinas e…
-
Non se pode ser os mellores en todo…
Antonte mesmo un par de novas facían brotar outro par de notas do concello: a hostalería ribadense estaría nunha web clasificada como o segundo destino de calidade a pé de praia en España, e ademais, o incremento de reservas hostaleiras implicaría que este ano farase o agosto. Prácticamente ó tempo, dúas novas recibían moita menor…