Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.619 entradas
49 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

    Coido que nesta data o importante é darlle un impulso á concienciación. Por iso limítiome a secundar o anuncio dos actos previstos, que, polo concello son difundidos por unha nota de prensa do pasado mércores. A máis, están previstos diversos actos, incluíndo no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo unha actuación  flash-mob que será gravada, e…

  • Gran reserva

    Como emparedada atopamos nos medios a nova do Premio Crítica 2016 a Iniciativas Culturais e Científicas ó Observatorio da Mariña pola Iguladade, entre dúas novas da Reserva da Biosfera: a convocatoria dun concurso de receitas e un artigo indicando que a Reserva da Biosfera Eo, Oscos e Terras de Burón está sen cartos e baleira…

  • Botellón en Ribadeo? Nada novo

    Despois de comentar o pleno co do botellón, e visto que nas novas seguen co castigo ó botellón, revolvo a dar luz a un vello estudo realizado no daquela IES Porta da Auga. Mais parece que a guía, a pesar de terse difundido abondo en Ribadeo, non se leu… Trátase da Guía-informe descritivo sobre consumo…

  • Sobre un titular de hai varios días: ‘Levarei a Fomento ante a xustiza se pasa algo na ponte’

    O titular, collido de A Mariña de El progreso do domingo 20161106, continúa advertindo por boca do alcalde de que ‘o tamaño das beirarúas é ilegal’ (uns 70 cm, un pouco máis espaciosa a da parte norte que a que mira ó interior da ría), axustando máis adentro na nova que os motivos do titular…

  • Hoxe pódese pasar?

    Pregunta frecuente que non había antes de entrar en funcionamento a A8, tramo pola montaña mindoniense. Coido que xa se dixo abondo sobre o fiasco e o entrampamento de cartos (aínda que non sobre os causantes/culpables e o seu tratamento), sobre o accidente cun morto e deceas de coches implicados, sobre o aspecto, mesmo sobre…

  • Topando coa igrexa (ou con Silvaje)

    O culebrón relacionado co aigrexa que tocou a Ribadeo hai máis de catro anos encamiña o seu fin parcial. Despois de que José Emilio Silvaje Aparisi fora nova, chascarrillo de antroido ou fonte de lamentos eclesiais, despois de que rapidamente se esquecera o tema, despois de que tapices de Cedofeita (coido que eran desa parroquia)…

  • Cunchas, insectos, fósiles: unha colección mundial en Ribadeo

    David Antonio López Álvarez non é a primeira vez que aparece no blog. Dende moi pequeno ven recollendo bolboretas, e logo, outros insectos, moluscos… e fósiles. Primeiro, o que estaba ó seu alcance, en Ribadeo, comezando dende moi pequeno pola zona perto da súa casa de entón, o lugar abandoado próximo á antiga estación do…

  • A catedral da contradición (+1)

    Onte materializouse o que xa estaba avisado: a unidade da BBC BBC – Natural History está gravando nas catedrais. Polo que parece, desta volta, despois do show de ‘A catedral da contradición‘, é algo de divulgación científica, diríase con pouca compoñente de tirón de masas para ateigar máis aínda o monumento natural. Claro que, na…

  • Novos Foros de Debate no Voar

    Téñome referido algunha vez no blog, de pasada, ós Foros de debate do Voar dos anos 90 (aquí ou aquí). Agora a nova é que volta a realizarse unha edición. Dende hai 20 anos, en Ribadeo téñense realizados diversos foros, como os sectoriais de APAGA sobre automoción ou os máis xeralistas da AVV O Tesón…

  • 12 de outubro dende Ribadeo. A terceira vía

    Entre a festa patrocinada herdeira do día da raza e o combate á mesma con diversos motivos (dende os tradicionais indixenistas ata os máis novos corruptistas, pasando polos separatistas), onte abriuse paso unha vez máis a vía pasotista. Quedou manifestada non por asuntos como o vídeo semiviral sobre o 12 de outubro, senón pola tarde…