Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Anímaste? Que vas votar o 26J en Ribadeo?

    Despois da entrada de onte, xa comezou a funcionar a enquisa, e van 15 persoas que depositaron a súa opción. De aquí a xoves continuará aumentando ata (espero) ter un número significativo  de persoas e poder facer unha estatística con algo de sentido. Veremos. Ti xa participaches?

  • Enquisa para o 26J en Ribadeo – Eleccións xerais 2016

    Votas en Ribadeo? Remato de ver o resultado da última enquisa de Metroscopía a unha semana da campaña electoral. E, por que non facer unha enquisa en Ribadeo? Pois aquí está. Para cubrila: Enquisa Ribadeo 26J (onde tamén podes ver os resultados actualizados) E aquí, podes ver unha táboa de resultados que se vai actualizando…

  • aparello luminoso automatizado de anuncios no parque. Funciona? Non funciona

    Ben, non sei que dicir… Coido que o mellor é realacionar as dúas veces que me referín ó aparello. Unha, en ‘Fotos de Ribadeo. Serie “os desastres da guerra”‘, o 15 de outubro pasado, e outra en ‘Razones de la permanencia espiritual de Isabel la Católica: Disquisicións en Ribadeo‘, o 9 do mesmo mes. Diso…

  • Abrindo o coñecemento: contas de Ribadeo

    Hai tempo recibo información sobre os movementos de OKFN.es, Un grupo activista con obxectivo de apertura do coñecemento, en particular a traverso da apertura, transparencia e liberdade de datos. É a traverso deste grupo que chego a unha iniciativa que ven de hai tempo pero que foi mellorando ata a actualidade, gobierto. Iniciativa que na…

  • Dereitos vulnerables

    Hai case un mes que saltou a nova de que a asociación Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) pediu á AEPD en 2015 que sancionaran ó Concello de Viveiro polas videocámaras instaladas. Ribadeo tivo algunha tentativa de instalar cámaras por iniciativa da entidade pública que é o concello, que non fructificou polo momento, segundo a prensa,…

  • Coñeces a Xosé Otero Canto? (II)

    A entrada anterior, ‘Coñeces a Xosé Otero Canto?‘, quedoume incompleta. Faltábame a referencia ó BOP de 10 de maio de 2016 na que sae a nota (ver embaixo as dúas páxinas implicadas) e algún comentario Nas imaxes anteriores vese o prezo, que se vende non a destinatarios finais, e tamén algo que me chamou a…

  • Coñeces a Xosé Otero Canto?

    Posiblemente non. Xosé Otero Canto saltou á palestra en Ribadeo cando hai algo máis de 10 días (10 de maio) apareceu ‘o anuncio’ no Boletín Oficial da Provincia para vender o seu poemario sobre As Catedrais, editado polo concello, ó prezo de 5,60 €/unidade. A cousa é que ese prezo non é para compradores finais,…

  • Corre, que te pillo!

    Algo diso deberon pensar os directores económicos dese ente que se chama España: corre, débeda, que se non ímoste pillar e a este xogo xa non imos xogar! Onte era a nova de prensa: a débeda pública xa alcanzou ó PIB. Iso significa que os españolitos teriamos que pasar un ano enteiro sen recibir un…

  • As letras en Parque Principado

    Hai algúns anos fixen un comentario no blog sobre as letras e a viaxe de compras a Parque Principado. Xa non se chama así, pero o fenómeno segue a ser o mesmo: Para parte de Ribadeo a celebración das letras galegas consiste en algo así como gastar os cartos fóra de Galicia en castelán. Lembrábao…

  • A relixión por estes lares

    Na fin de semana, o bispado facilitou á Voz, entre outros, os seguintes datos sobre a diócese de Mondoñedo-Ferrol: 4523 km2 274 290 habitantes 273 975 católicos 141 sacerdotes (136 na diócese, 2 fóra, 3 máis, no extranxeiro) 1168 bautizados (suponse no 2014, pois os datos corresponden a ese ano) 580 confirmados 1154 comunións 310…