-
Foto impacto
Onte, co balcón do concello tinguido pola bandeira multicolor, tomáronse varias fotos de impacto. Hoxe saen na prensa. A que aparece na nota de prensa do concello é pequena, non se ve ben, máis é a que reproduzo: non estaba alí para tomar outra (e non sei se a tería tomado mellor). Coido que o…
-
Os partidos tradicionais, facendo o tradicional
Adiviñas quen enviou propaganda electoral en papel… O tradicional: os sobres incluíndo as papeletas de voto ‘boas’ mais o alegato correspondente. Campaña con menos cartos, si, pero non por convicción, senón porque non lograron conseguilos despois dos resultados do 26D… Hai quen se pon ‘no noso lugar’, imaxina o cansanzo por ter votado unha vez…
-
Bye, UK
Adeus. En realidade, foi o Reino Unido quen dixo adeus á Unión Europea. Mais agora correspóndenos a nós dicir un educado e respectuoso adeus a quen non quere estar connosco nas condicións actuais. E aprender. Aaprender que se pode saír da Unión Europea. E que, polo tanto, a Unión Europea pode seguir adiante con menos…
-
Preparándose para a acollida de turistas
Mentres que están case ocupados a tope, os bancos da zona de San Francisco tamén están a ser pintados. Chega o verán e parece que un ano máis as labores que sería desexable ter feitas con anterioridade amoréanse solapando coa ocupación do pobo por xente de fóra. Os negocios privados (algúns) van máis adiantados. Así…
-
Un paseo da AVV O Tesón ó Castro das Grobas
Corría o ano 2006 cando se realizou esta pequena presentación con motivo dun paseo da AVV O Tesón ó Castro das Grobas:
-
Tráfico, multas, infraccións… comentarios
Non hai 48 horas que saíu a nota de prensa do concello “infraccións de tráfico“. Se hai algunha resposta debe producirse no xornal de hoxe, e non vexo tal na edición dixital. Máis coido que debera. A nota da conta de 302 infraccións multadas (algo que non di a nota, pouis iguala infracción e multa,…
-
Irmandiños, Ribadeo
Vai ser a xuntanza anual da cooperativa Os Irmandiños, e a conto dela os medios teñen recibido información previa, que difunden. A cooperativa é tratada como un referente do cooperativismo en Galicia, algo que, co permiso de Coren, coido que ten algo de realidade. Nada diso aparece na web da cooperativa, que é totalmente comercial…
-
Resultados da enquisa para o 26J
Cerrada a entrada de datos, 39 participantes na enquisa para o 26J. Se imos a considerar a proporcionalidade, en relación a España as enquisas terían que ser de abondo máis de 100 000 persoas para gardar a proporción, co que, nese sentido, conseguiuse unha participación elevada. Aínda así, por representación estatística e outros detalles non…
-
Previsións de voto
Pouco a pouco a enquisa vai animándose. Deixo a captura de pantalla de agora mesmo sobre o que cre a xente que será a opción maioritaria elixida en Ribadeo o 26J: Ti xa votaches? https://docs.google.com/forms/d/1yJJwgKXnskFacYUud9WaZpKfkfZRtU3uR81dpq6uFXk/viewform (entrada orixinal, explicativa: http://ribadeando.blogspot.com.es/2016/06/enquisa-para-o-26j-en-ribadeo.html)
-
A visita deste martes
A estas alturas, 400 ou 500 persoas de visita en Ribadeo xa non se notan tanto. O paso contínuo de peregrinos, os visitantes ás catedrais, a xente que ven de compras, a que ven a pasear… son unha morea contínua. Aínda así, será unha cantidade semellante a esa, en torno ás 500 persoas, a que…
