-
Ribadenses destacados: Daniel Cortezón Álvarez. Santiago Sanjurjo Díaz
Unha nova biografía de ‘Ribadenses destacados‘, Daniel Cortezón por Santiago Sanjurjo. DANIEL CORTEZÓN ÁLVAREZ (Ribadeo, 1927 – Lugo, 2009) Ensaísta, novelista, dramaturgo e senlleiro expoñente do teatro histórico galego Daniel Cortezón (Foto de Matilde González) Daniel Cortezón nace en Ribadeo o 6 de febreiro de 1927, fillo de Amalia e Daniel. Por mor…
-
43 biografías, non 44
Xa me teño referido aquí ó libro ‘Ribadenses destacados. 44 biografías. Séculos XIX a XXI‘, presentado a finais do pasado novembro. Como xa quedei con algúns dos redactores en publicar no blog as correspondentes biografías, paso antes a reseñar algunhas curiosidades do libro. A primeira é que non son 44 biografías, senón 43.…
-
Biblioteca
Biblioteca Si, teño libros na casa. Iso non quita para que non visite a biblioteca pública cunha certa asiduidade. Noutros momentos, á procura de títulos. Agora, máis ben á procura de datos, feitos, ideas… e si, tamén libros. De visita a unha vila de novo, procuro incluír algunha biblioteca pública. O seu porte,…
-
25 X: chámalle x (e despexa a incógnita)
Día de Galicia. Día da Patria Galega. Día de Santiago… e algunha celebración atribuíble máis fan que o significado do 25 de xullo sexa múltiple. Algo bó, mentres se teña clara a convivencia e o común. Calquera que rastrexe no blog poderá atopar que as reseñas do 25 de xullo van asociadas ó…
-
Identidade e política na tetraloxía ‘Castelao ou A paixón de Galiza’ de Daniel Cortezón
Así se titulou unha ponencia relacionada con Daniel Cortezón que Santiago Sanjurjo, tamén ribadense, levou onte ó I Congreso Internacional de Novos Investigadores en Estudos Literarios e Culturais (CIJIELG) na Universidade de Vigo. Entereime de casualidade, supoño que o antroido fixo que a nova pasara desapercibida para os medios locais, de xeito parello a…
-
Un libro sobre Daniel Cortezón
Comeza a semana. Ó final dela, o 19 ás 19, terá lugar a presentación dun libro homenaxe a Daniel Cortezón. O lugar, o Salón de Plenos da Casa do Concello, como corresponde a un ribadense con ficha na BVG e na AELG, a parte de levar o seu nome a mostra anual de teatro…
-
Ex libris
O anterior foi un fin de semana literario: a ministra Mercedes Cabrera Calvo-Sotelo fixo un pregón basado en ‘Ribanova’, escrito polo seu avó. E o día anterior foi a presentación dos actos do cincuentenario da biblioteca, coa presentación do libriño a máis honra da institución. Del collo o trabalo correspondente a Santiago Sanjurjo, que,…