Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.358 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: ruído

  • Ruído no Nadal

    Parece que as festas motivan. No que vai de semana entereime dun novo caso xudicial sobre ruído producido por locais en Burela e mesmo en Antas de Ulla. Polo que sei, despois de que me chamaran, o de Antas é moito menos do que ocorre en Burela ou aquí, pero abonda aínda que está a…

  • Un xuíz ordea retirar as licenzas a catro pubs de Cariño por exceso de ruído

    Unha volta máis, váise actuando contra o ruído, aínda que Ribadeo vaia con retraso en tomar medidas… como se pode ver moitas noites.

  • De noite

    No barullo dunha noite de sábado (e ponte ademáis), non insisto no ruído, na vulneración de horarios ou nos defectos varios incluíndo temas de seguridade ou illamento dos locais próximos: todo o mundo o sabe, alcalde incluído. Digo que remato de enterarme do que parece ser unha fuga de gas en Ribadeo. De sere certo,…

  • Noite, movida, ruído

    De novo, antes de (espero) centrarme máis en Ribadeo a próxima semana, vexo apretuxadas case nos papeis novas soltas pero relacionadas: ‘beber 5 copas en tres horas, unha vez al mes, grave factor de risco‘, mentres de xeito indireto segue a haber carta branca (ou mesmo facilitación) para o consumo de alcohol e son paradas…

  • Sentencia sobre o ruído

    Unha nova sentencia. Parece que se achega o día no que poderei durmir na miña casa como é debido. O que si, parece que terei que acusar a xente para logralo: do alcalde a propietarios de locais. O por que? Parece que non querer facer dano á xente parece que non resulta neste caso, porque…

  • Dúas horas dunha persoa con nome raro

    Esta noite en Pequín eran as 7:30 da mañá mentras aquí estabamos nas 1:30, en pleno jolgorio nouturno na rúa e locais. Alí, unha centena de homes preparábanse para dar unha mostra de voluntade ó correr o máis rápido posible 42.196m, a maratón, mentras aquí unha boa porcentaxe da xuventude comezaba xa a atiborrarse de…

  • Feísmo?

    Quen dí feísmo? se nos habituamos a ver de contínuo cousas feas, seremos inmunes, sería como se pouo a pouco esas cousas pasaran a ser normales, non feas. Aínda nalgús casos, guapas, belas. Algo deso está xa a pasar na actualidade en zonas de Galicia, e veremos o que se fala esta tarde nas xornadas…

  • De movida

    Hoxe é a primeira nova dun xornal en internet sobre Ribadeo: un novo servicio de noitebús, esta volta, entre Ribadeo e Navia. Galicia e Principado únense para promocionar a movida, mentras aínda está por chegar o día no que se unan para xestionar dun xeito mantible a ría de Ribadeo. Subscribo o comentario periodístico: “Xunta…

  • Fíxome hoxe nunha nova de tódolos días

       … ao menos en Ribadeo. Un anuncio de rebaixas nos prezos das copas correspondentes. Nada novo ata aquí. O novo comeza agora: resulta que a un local lle queren meter unha multa por facelo (Sanidade, Lugo, non o concello, noooon!, e iso que necesita recaudación). Boa novidade. Non me refiro pola multa, non. Se…

  • Oportunista

    Uso o termo que na xuntanza galaicoastur de onte un conselleiro lle chamou a alguén que defendía a ría coas súas preguntas. Só eso. Oportunista. diante dos medios, diante de ‘todo mundo’. Dito por quen está a facer cousas como mandar amañar o saneamento dalgún pobo da ría con anos de retraso en relación á…