Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.598 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: ruído

  • A petición de algo que xa é

    Parece (a nova está sen confirmar) que empresarios dun pub pediron ó concello a declaración da zona de Pasarón y Lastra zona de baixa sensibilidade acústica. Como nunca deixou de selo (nunca se lle deu unha clasificación), a petición é cando menos, curiosa. Precisamente está pedido dende hai tempo que o concello a cambie. E,…

  • Unha pregunta

    Como un local ‘de apertura nouturna’ pode estar aberto e con música dende a noite anterior ata ben pasado o mediodía, cando os outros levan horas cerrados? Será porque está cheo de máis? Será polos beneficios económicos do propietario? Será sinxelamente porque lle deixan? Será porque ninguén se queixa?

  • Sobre ruído? non, sobre botellón.

    Tentando ver alternativas e en xeral procurando información, atopeime cunha serie de artigos dos que algúns coido que paga a pena poñer aquí na liña do blog de presentar cousas e que cada quen chegue ás ideas por si mesmo, aínda que serían moi matizables no que din (causas e polo tanto, conclusións), e como…

  • Música hoxe

    *MÉRCORES 23, ás 20.00 horas. CONCERTO DO CORO XOVE DA ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA Celebración do 25º aniversario de Mari Carmen Rodríguez Cancelo como directora da Coral Polifónica de Ribadeo Organiza: Coral Polifónica de Ribadeo Colaboran: Parroquia de Ribadeo, Caixa Galicia e Delegación de Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo. Coido que paga a pena…

  • Comentario a unha nova

    A conto da nova http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/12/20/0003_8183701.htm: “Los hosteleros de varios municipios pueden cerrar más tarde en Navidad” – ‘Sensibles diferencias en las autorizaciones de los gobiernos locales de Burela, Foz, Ribadeo y Viveiro’, … Non serei eu o que proteste por un aumento de horario dous días sinalados, porque o tema do horario non trata de…

  • Crónica dunha noite …

    “haciendo vida diurna normal, despierto de día y dormido de noche. Así que a eso de la una o las dos de la madrugada el cuerpo se extraña no solo de no estar durmiendo (…) y te manda señales que dicen: ¿pero qué haces? anda, vámonos a dormir… y tú le respondes: hoy no podemos…

  • Curiosidade

    O ruído da noite e o atopar a mediodía (a eso das dúas da tarde de sábado) a policías locais facendo unha sonometría no cruce entre Pasarón y Lastra e Viejo Pancho lémbrame unha nova desta semana dos tribunais, respecto ó peche de dous locais por ruído en Lugo. Queda a sospeita, segundo os comentarios,…

  • Máis sobre ruído e Ribadeo

    Despois de publicar unha ruidosa semana, por casualidade con cámara atópome un anuncio con altofalantes motorizados do concello incumprindo as normas que sobre istas cousas ditou o mesmo concello. Xa advertira que a cousa do ruído, por conta da normativa e o seu cumprimento, aínda non é para hoxe, aínda que se vaia achegando. E…

  • Unha ruidosa semana

    Os domingos de por si teño a tentación de escribir sobre o ruído, a causa do que sufro a noite anterior. Non obstante, o pé a facelo hoxe son as novas da semana. Para facer unha recopilación, comezou coa nova de que en Burela lle está chegando unha circular ós locais que abren de noite…

  • Iste concello incoou de oficio…

    … así é como comeza unha loita máis contra o ruído en Santiago. Loitas que se van xeralizando unha vez que vai cambiando a mentalidade da xente, en particular da persxudicada.