-
Por publicar, sobre a paz

Deixo aquí un texto que tiña que ter xa publicado. Traspapelouse, pero por desgraza non pasou de actualidade. Son as verbas lidas por Jesús Irigoyen na concentración pola paz en Ribadeo o pasado 22 de setembro, que deberan ir xunto coa entrada Quousque tandem abutere, Netanyahu, patientia nostra?. Aquí quedan: DONDE LO DEJAMOS…ESTO NO…
-
Paz, agora, o domingo, e sempre

Un novo domingo está convocada unha concentración pola paz en Ribadeo. Dende o domingo pasado, neste tema da paz, Israel seguiu a martillar en Gaza e Cisxordania ou Líbano, e comezou a invasión deste último país. Iso, na ‘guerra/xenocidio’ que está ‘de moda’ polos métodos e a impunidade coa que actúan as forzas israelíes…
-
Quousque tandem abutere, Netanyahu, patientia nostra?

Hai longa diferencia de moito tipo entre os tempos de Cicerón e os actuais, mais coido que a expresión do título aplicada a Catilina foi dita do mesmo xeito, con intención semellante, do que hoxe poderíamos dicir ‘Chega xa, Netanyahu!’. Pero parece que media humanidade non é hoxe abondo para substituír a Cicerón neste…
-
Guerra e paz

Un domingo máis, unha xuntanza máis pola paz. Mentres comeza unha nova ofensiva na Ucraína, mentres seguen a masacrar xente en Palestina, mentresmultitude de guerras, do Sahara a Sudán seguen sendo a orixe de penalidades e morte, xuntámonos un domingo máis no cantón de Ribadeo, ás 12:30 para poñer un gran de area…
-
Hoxe en Lourenzá por Palestina

Onte falei da xuntanza pola paz en Ribadeo. Hoxe domingo sumouse Vilanova de Lourenzá. Mandáronme (Enrique Fernández Rivas, de Lourenzá) fotos e o texto lido. Adxunto quedan como testemuña. “Condenamos o xenocidio que se está a comenter por parte de Israel contra o pobo de Palestina, sendo Estados Unidos o gran patrocinador desta…
-
Domingo, festa pola paz

A paz é necesaria. A súa lembranza, o seu desexo, mesmo en festas (sobre todo, nas festas), tamén. E en Vilanova:
-
En vacacións, calquera lugar é bo para desexar a paz

Si, en vacacións ou non calquera lugar é bo para procurar a paz. Fronte á ría, como na cartel montaxe feito por Suso é unha opción. O domingo ás 12:30 no Cantón, outra. Deixo a continuación unhas cantas fotos, tamén de Suso, da concentración do domingo pasado, 25 de agosto. Esta…
-
Queremos un domingo en paz

Hai alguén que non quera ter o domingo en paz? Ó longo do mundo, moita xente quéreo con máis intensidade, aqueles ue están inmersos nunha guerra. Para apoiar o seu querer, de novo xuntarémonos o domingo ás 12:30 no Cantón dos Moreno de Ribadeo. Apoias a paz?
-
Un 18 de agosto, pola paz

Un domingo máis, concentración pola paz en Ribadeo. Deixo o cartel de Suso chamando a concentración, así como unha foto súa do domingo pasado e un dos textos do último domingo de xullo, lido por Jesús Irigoyen. Donde lo dejamos el último día: ESTO NO ES UNA GUERRA, ES UN GENOCIDIO CARTA A…

