-
ESCUDO DA CAPELA DA VIRXE DE LOURDES DE SANTA MARÍA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado
Entrando na igrexa parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo e recorrendo un pouquiño da nave principal, a primeira capela á esquerda é a da Virxe de Lourdes. Sobre o seu arco de medio punto atópase este escudo español en punta (característica francesa estendida na heráldica española), que está empotrado na parede do templo,…
-
ESCUDO DA CAPELA DE ÁNIMAS E DA VIRXE DO CARMEN de Sta. MARÍA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado
Na igrexa parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, entrando a man esquerda, e chegando ó cruceiro, atópase a Capela da Virxe do Carme e das “Ánimas”. Facendo un inciso, diremos que poden ser das “Ánimas do Purgatorio” ou ben, das “Ánimas de Bibos y de Difuntos”. Esta denominación aparece a 27 de…
-
ESCUDO DA CAPELA DA VIRXE DAS DORES de SANTA MARÍA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado
Na Igrexa Parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, á man esquerda da ábsida do altar maior, atópase a capela da Virxe das Dores. Pasada a porta enrellada, a man sinistra está pendurado na parede este elegante Escudo de Armas, de bordes desiguais, posiblemente, pertencente o padroado desta capela. Introducimos, na redacción…
-
ESCUDO e LAUDE DA CAPELA DA VIRXE DO ROSARIO DE Sta. MARIA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado
Dentro da Igrexa Parroquial de Sta. María do Campo de Ribadeo, ó lado destro da ábsida do altar maior, está a Capela da Virxe do Rosario e a continuación a Sancristía. No frontal esquerdo, xunto do seu altar, está esta pedra armeira, case cadrada que presenta un escudo de armas semicortado e partido, cuxa composición…
-
ESCUDOS DO ALTAR MAIOR DE SANTA MARIA DO CAMPO. Francisco José Campos Dorado
Escudos do retablo maior Para facilitarnos a mellor comprensión dos escudos e brasóns que se contemplan no conxunto da ábsida da Igrexa Parroquial de Santa María do Campo de Ribadeo, imos empezar por ler a laude (pedra cunha inscrición) que se encontra sobre o sepulcro sinistro (foto infra) segundo miramos cara o Altar Maior: “TODA…
-
ESCUDO DA QUINTA DA VILAVELLA. Francisco José Campos Dorado
Este magnífico escudo de armas, único no Concello de Ribadeo polo seu deseño: cuadrilongo, apuntado en xefe, redondeado en punta e ensanchado na parte superior, característica dos escudos de estilo inglés (Heráldica y Derecho Nobiliario, Instituto Luís de Salazar y Castro -C.S.I.C.-, Hidalguía, Madrid 1961, páx.113), estaba situado antigamente na fachada da casa da Quinta…
-
ESCUDO DE ARMAS DA RÚA ATALAIA. Francisco José Campos Dorado
Na rúa Atalaia, situada o fondo da rúa Trinidad, nunha casa pintada de cor marelo escuro, onde viviu o ben recordado veciño Manolín de Peruxo e súa dona Dª Maruja Mir, na fachada principal está este deteriorado escudo español (foto supra) e case destruído, que pola forma dos cortes transversais na bordura e nos marcos…
-
CASA BRASONADA DA RÚA DA ATALAIA. Francisco José Campos Dorado
Baixando desde a Praza de Abaixo pola Rúa Trinidad, o fondo, torcendo a man dereita para subir a capela, está a rúa da Atalaia. A primeira casa, a dereita, é a magnífica Casa Indiana de Dª Panchita Acevedo. Enfronte, pintada de cor marelo escuro está a casa onde vivía o noso ben recordado veciño Manolín…
-
CASA BRASONADA DA RÚA VIEJO PANCHO. Francisco José Campos Dorado
Baixando pola rúa Viejo Pancho, case chegando á rúa Antonio Otero, atopamos unha amplísima e señorial mansión coñecida como a Casa de Navarro-Reverter. Efectivamente, alí viviu D. José Navarro Reverter y Gomis (1888-1969) casado con Dª. María Teresa Lamas Sanjurjo (1886-1970), filla de D. Ramón de Lamas Navia Osorio (1821-1926) e de Dª Anunciación Amalia…
-
ESCUDOS DE ARMAS DA CASA DOS MIRANDA. Francisco José Campos Dorado
Baixando a Porcillán pola rúa Amando Pérez, case en fronte da Fonte dos Catro Caños, está a señorial e discreta Casa dos Miranda. Ó lado Sur, linda cun calexón que ven desde a Rúa Trinidad e que separa a casa e horta das casas adxacentes, e cuxo nome, Travesía da Paz, recorda a Rúa da…
