Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.382 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Pablo Mosquera

  • Sargadelos, un val poboado por unha industria (1). Pablo Mosquera

    Sargadelos, un val poboado por unha industria (1). Pablo Mosquera

    Auga para Sargadelos Sargadelos, un val poboado por unha industria (1) 30 de abril de 1798. Habitantes das 17 parroquias próximas a Santiago de Sargadelos no Concello de Cervo marchan sobre a fábrica que rixe o ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez. Son recibidos non só con improperios. Reciben granadas e balazos. Hai un morto e moitos…

  • Medio ambiente: patrimonio da humanidade. Pablo Mosquera

    Medio ambiente: patrimonio da humanidade. Pablo Mosquera

    Imaxe do Sigpac centrada na balsa de lodos Medio ambiente: patrimonio da humanidade Cambio climático. Invasión de produtos a terra, mar e aire. A conciencia ecolóxica cargada de hipocrisía. Ausencia de asociacións civís ecoloxistas. Mercando conciencias con axuda económica e emprego. Ignorancia. Ocultamento. Verquidos que afectan á saúde. Podería seguir ata… Pero quedo con esa…

  • Mindonienses. Pablo Mosquera

    Mindonienses. Pablo Mosquera

    Mindonienses Último sábado de abril chuvioso. Como preguntou o poeta do asfalto. Quen nos quitou o mes de abril? Por tal motivo chegamos a Mondoñedo. Esa cidade que está durmida. Coa intención de tomarnos un Ribeiro cunca de branco con algún dos personaxes que describe Cunqueiro. Sinbad disfrutaba dun milfollas na tenda de doces Val…

  • Alerta ecolóxica. Pablo Mosquera

    Alerta ecolóxica. Pablo Mosquera

      S. Cibrán, a mediados dos anos 1960 Alerta ecolóxica O Boletín Oficial da Provincia de Lugo do 20 de maio de 1976 anunciaba o inicio das negociacións para a ocupación da superficie de dominio público na enseada de San Cibrán -non San Cibrao- para a construción dun porto e instalacións que faciliten a carga…

  • Do pasado ao presente e ante o futuro (V). Pablo Mosquera Mata

    Do pasado ao presente e ante o futuro (V). Pablo Mosquera Mata

    Parte I Parte II  Parte III Parte IV Parte VI  Do pasado ao presente e ante o futuro Vª entrega En maio de 1982, o orzamento do concello de Cervo ascendía a case 136 millóns de pesetas, dos que máis de 26 millóns foron para pagar ao persoal municipal -un secretario (vacante de titular), un…

  • Do pasado ao presente e ante o futuro (IV). Pablo Mosquera Mata

    Do pasado ao presente e ante o futuro (IV). Pablo Mosquera Mata

    Parte I Parte II  Parte III Parte IV  Parte V Parte VI   Do pasado ao presente e ante o futuro IV entrega En xullo de 1961 unha galerna asolou a costeira do bonito no Cantábrico. Máis de oitenta mortos. Aqueles barcos de madeira mercados con motivo do plan de renovación que gozaban os arrantzais…

  • Do pasado ao presente e ante o futuro (III). Pablo Mosquera

    Do pasado ao presente e ante o futuro (III). Pablo Mosquera

    Parte I Parte II Do pasado ao presente e ante o futuro (III) O concello de Cervo cambia de Alcalde. Taladrid dá paso coa aquiescencia do Gobernador Civil e Xefe Provincial do Movemento na provincia de Lugo e o nomeamento do Ministro da Gobernación Camilo Alonso Vega ó novo rexidor municipal Arcadio Pardiñas Vila, natural…

  • Do pasado ao presente e ante o futuro II. Pablo Mosquera Mata

    Do pasado ao presente e ante o futuro II. Pablo Mosquera Mata

    Parte I Do pasado ao presente e ante o futuro II En 1989 a factoría aluminera véndese á líder multinacional ALCOA. É a privatización dunha empresa nacional ao coloso americano. Máis que nunca se establece en todo o territorio da Mariña unha dependencia da “fábrica”. Pero como toda industria, ten un tempo de viabilidade. Teñen…

  • Do pasado ao presente e ante o futuro. Pablo Mosquera Mata

    Do pasado ao presente e ante o futuro. Pablo Mosquera Mata

    Do pasado ao presente e ante o futuro 1ª entrega A nosa Mariña, provincia de Mondoñedo do antigo reino de Galicia, Diócese Britoniense-Dumiense, é un Territorio con patrimonio histórico que viviu da agricultura, a minería e a pesca, así como daqueles teares para o liño, muíños de fariña, e fábricas de salgadura de sardiñas e…

  • No nome delas. Pablo Mosquera

    No nome delas. Pablo Mosquera

     No nome delas 8-M. Non debéramos necesitar que nolo lembren. A cidadanía, que é fonte de dereitos (fundamentais e sociais contemplados na Constitución española vixente desde 1978), non ten xénero. Pero é bo recoñecer e agradecer o que fixeron por nós, habitantes de Galicia entre os séculos XX e XXI, tantas mulleres que construíron o…