-
Sobre a nave na ría de Ribadeo
Coido que é cousa de deixar por un momento máis detalles do PXOM: o Goberno do Principado de Asturias pide explicacións á Xunta pola nave. Vamos, que non deixou pasar tempo para pensalo, e menos cando se comentaba que a alternativa a Ribadeo era Avilés. Os alcades da outra beira tampouco temen obxectar unha obra…
-
Nota de prensa do concello en relación á nova nave do porto
Despois do primeiro e segundo post de hoxe, a nota de prensa correspondente do concello: nota de prensa O ALCALDE DE RIBADEO TILDA DE DISCUTIBLE O PROXECTO DE CONSTRUCCIÓN DUNHA NAVE DE GRANDES DIMENSIONS NO PORTO DE MIRASOL Ribadeo, 30 de abril de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, non quere facer valoracións precipitadas…
-
Alarma! chegou o momento da verdade sobre a nave
Entérome do novo paso dado por portos en relación ó porto ribadense. Elixido o momento, xusto cando están as augas municipais máis movidas polo tema do PXOM, construtores multados, etc, xusto agora, é a presentación de portos sobre a nave no peirao de Mirasol. Xusto despois de non dar información durante meses. Xusto ó xeito…
-
Nota pequena
Deixando algunhas cousas xa pasadas que quería comentar, atópome hoxe coa nova de que un xuíz para a instalación dun parque con varios centos de xeradores eólicos que tiñas estudos de impacto como varios parque sillados de pouco máis de dez xeradores cada un. Paréceme moi interesante a nova, pois dalle un sopapo a quenes…
-
Chove, chove, chove … e chove
Ese é o resultado de agora mesmo desta noite, onte, a noite de onte, … sería iso o que fixo que pasara cáseque desapercibido o día da árbore este ano? Albíscase unha nova fronte de conflitos en relación co medio ambiente. E non me estou a referir no recente caso de Mahía contra o concello…
-
Ribadeo diverso
Comezo a escribir xa ó mediodía baixo unha música amplificada na rúa, moi concurrida, polo que entendo permitida polo concello, despois dunha noite típica de sábado, tamén con música amplificada de fondo, quizáis con máis boureo que outras noites semellantes, a conta de locais tamén permitidos polo concello, neste caso en particular destacando La Noche…
-
Hoxe choveu…
-
Moitas empresas
Unha volta rematado o tema principal das eleccións, (tamén aquí, complementando o anterior) Onte saíron as axudas para a instalación de empresas en diversas zonas (‘áreas prioritarias’). Entre esas diversas está Ribadeo. Hoxe sae na prensa un pequeno recadro lembrando que as axudas, se non se controlan, valen sobre todo para facer unha transferencia…
-
Comparacións
Nestes días de campaña as preocupacións normais tenden a esquecerse porque queren que nos preocupemos doutras ‘anormais’, máis lonxanas, ou menos determinantes, ou sinxelamente, cara ás que nos queren levar porque controlan mías, por exemplo. Mentras, onte nun mesmo periódico, a Voz, saíron novas de degradación do mar, degradación dos ríos e degradación das augas…
-
Deixando por un momento a campaña
Onte vin parte da confrontacion televisiva entre os dous príncipes dos partidos maioritarios. Coido que Zapatero levoulle a ventaxa lixeiramente a Rajoy, se ben non andiveron finos ningún dos dous en moitos momentos, con meteduras de pata como a de Zapatero co canon ou as repeticións de Rajoy co terrorismo (que secundou en parte Zapatero).…
