Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.547 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Dúas reseñas

    Venres ás oito da noite tivo lugar o acto de información sobre a ría organizado pola Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo e a AVV O Tesón. Unhas 45 persoas acudiron ó salón de actos da Casa do Mar para obter de primeira man información sobre o estado da burocracia sobre nave de…

  • Ollando (tamén a BeGaSa e a outras cousas)

    O pasado verán Ribadeo acolleu a mostra ‘Olladas de muller‘ (e 2) na rúa peonil. Agora, filaizando o ciclo, presentouse onte no forte de San Damián ‘Olladas de muller e lápis de home’, libro resumo da mostra, xunto coa mostra completa: o pasado ano só foran fotógrafas relacionadas con Ribadeo, mentras que este estendese a…

  • Cifras e letras

    Cifras e letras é un xogo e un programa da tele. Cifras (números) e letras (relacionadas con eles) é o que espero tratar hoxe. 350 moteiros. Esa foi a cifra aproximada dos que se achegaron a Ribadeo este fin de semana pasado. algún máis quedou fóra da organización, pero estivo. O próximo ano espéranse 500.…

  • Máis efectos do cambio climático

    Mentras apunta algún que os xeos do Ártico poderían desaparecer por completo a finais do verán (para rexerarse polo momento durante o inverno), as medusas (seres de augas quentes) chegan ás nosa praias. E, en Castropol, un vertedoiro ‘clausurado’ que podería estar contaminando o subsolo ata a ría con lixiviados debido ó xeito de ‘clausura’,…

  • Que mala sorte!

    Enténdaseme, non é que queira que perda a selección nacional (de fútbol, claro; ó 3-0 fóille rendido homenaxe aínda nas emisións francesas, por exemplo, sinal de que xogaron ben e o resultado foi merecido), pero non creo que fora en absoluto mala cousa. Dicían os romanos aquelo de ‘panem et circenses’, é dicir, ‘comida e…

  • Chegou o verán, e con el…

    … de novo as xornadas de medio ambiente de Ribadeo. Prazo de inscrición ata o 11 de xullo, data de xuntanza dos alcaldes dos concellos da Biosfera. Realización, do 14 ó 17. Temática preferente para este ano, ‘O camiño para o desenvolvemento sustentable da Mariña Lucense’. E, no medio, o xa longo debate iniciado polas…

  • Oportunista

    Uso o termo que na xuntanza galaicoastur de onte un conselleiro lle chamou a alguén que defendía a ría coas súas preguntas. Só eso. Oportunista. diante dos medios, diante de ‘todo mundo’. Dito por quen está a facer cousas como mandar amañar o saneamento dalgún pobo da ría con anos de retraso en relación á…

  • O medio ambiente non será nova en Ribadeo

    Diría que é o destino que nos agarda. Por saturación. Onte saía na prensa que un segundo oso polar foi abatido en Islandia en poucos días, cando antes do aumento da taxa de cambio climática chegaba á illa un cada varios anos (a lembrar que chegan en bloques de xeo/icebergs). Tamén onte unha reportaxe daba…

  • Unha cousa rápida e un pouco descorazonadora

    Poño algo con pouquiño tempo. Estiven parte da xuntanza da que poño a continuación a nota de prensa. Onte puxen unha nota de prensa previa… Coido que sería mellor unha maior coordinación que dúas notas separadas. Cálome ademáis algún comentario. ” RIBADEO, UNHA RíA CON PROBLEMAS A Mariña, 17 de maio de 2008.- Onte, 16…

  • Enfilando o verán

    Este ano, o verán comeza ó rematar os exames de selectividade. E istos comezan mañá. Un ano máis o san Xoán, coas súas fogueiras para apuntalar o Sol en retroceso, vai retrasado respecto do comezo natural da estación un par de días. Ocorre tódolos anos. As novas ó finalizar a primavera e comezar o verán,…