Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.379 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: Medio

  • Algunha ligazón sobre o pleno e a nave en Mirasol

    http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2008/05/21/0003_6835746.htm http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2008/05/21/0003_6835747.htm E unha carta na Voz. Sairán máis…

  • Un pleno diferenciado

    Onte, día 19 de maio, terceiro luns do mes, houbo pleno. A acta pódese atopar en Ribadeo-historia, nunha imaxe ampliable. 16 puntos da orde do día inicial, que xa batían unha marca, foron ampliados a 17 coa inclusión dun punto extra para aumentar un mes a exposición do PXOM. 25 persoas chegaron a atender parte…

  • De volta á normalidade?

        Despois de onte, parece que debería voltar a normalidade. Pero, que normalidade? O esquecemento tanto de que a construción da nave xa comezou un longo proceso que non se detén polo que opinou un pobo enteiro antonte? A volta a pensar no PXOM, para o que xa quedan menos de tres semanas para que…

  • Falando da nave na ría

    Horas despois da cacerolada, xa teño máis datos sobre participación. De tres fontes diferentes, 40, 50 e preto de 100 persoas. Fíome das dúas primeiras máis que da última, pero media centea de persoas para algo que non tivo un mínimo de organización homologable non está nada mal. Pola tarde fun á xuntanza co Presidente…

  • Nota curta sobre a cacerolada para parar a construcción da nave en Mirasol

    Ó final, non puiden ir. Pero polo que parece, un grupo de xente abondo nutrido presentouse con chifles e cuchufletas coincidindo coa chegada do Presidente de Portos de Galicia. É dicir, enteráronse non só os políticos locais senón tamén o visitante.

  • Terremoto

    Un terremoto en China matou tanta xente como todo Ribadeo. Sucedeu onte, e fai pensar na oposición que podemos facer a xente ante as forzas da natureza. A nave na ría non é unha forza da natureza. Detrás hai xente cos seus intereses. E fronte a ela, tamén estamos xente. Máis. Pero… menos organizados, con…

  • Comezando a protesta

    Está visto, ás veces acumúlanse as cousas e hai que elixir. Neste caso, PXOM e luz quedan momentáneamente detrás da protesta contra a nave na ría de Ribadeo, un proxecto que hai pouco parecería inconcebible. Mentras, é cousa de dar agradecementos, xa que a ría non pode dalos de palabra (é agradecida de obra, diso…

  • Semana reivindicativa en Ribadeo (II)

    Coido que me faltaba por poñer na entrada de ‘Semana reivindicativa‘ algunha cousa. Xa sinalei o escrito enviado a Begasa e fixen referencia a el como un fito o que dez asociacións de veciños se puxeran de acordo para facer tal cousa. Asemade, fixen referencia á xuntanza informativa sobre o macro galpón na ría, e…

  • Xuntanza

    Deixoume mal sabor de boca a xuntanza de onte sobre a nave do porto. Haberá abondo máis, pero de pronto, só unha nota de prensa: — Nota de prensa da AVV O Tesón de Ribadeo — En relación coa actual nova de inicio de tramitación para a concesión administrativa dunha terminal cuberta no porto de…

  • Hoxe, xuntanza

    Hoxe, venres, ás 20:00, no salón de actos de Sindicatos, xuntanza sobre a nave que se proxecta en Mirasol. Sen comentarios.